facebook twitter youtube flickr     contacto

fotos Galicia
festa Melindre
Banner Melide

imagen noticia
Comezan os traballos de construción dunha senda peonil en Sabián

02/05/2023 O novo itinerario permitirá incrementar a accesibilidade e a seguridade tanto para peóns coma para o tráfico rodado. Ler máis

imagen noticia
Éxito de participación no Xantar de Irmandade da Terceira Idade de Melide

24/04/2023 O xantar, organizado polo Concello de Melide, reuniu a máis de 800 socios e socias do Centro Social.  Ler máis

imagen noticia
O campo de fútbol municipal de Melide volve estar en funcionamento tras unha renovación de céspede

14/04/2023 No día de onte celebráronse os primeiros adestramentos sobre a nova superficie. Ler máis

imagen noticia
Melide contará cunha proba ciclista MTB de alto nivel :Desafío Cerne.

05/04/2023 Trátase dunha proba ciclista de Mountain Bike que se celebrará o 16 de abril e que discorrerá polos montes dos concellos de Melide, Toques e Palas de Rei. Ler máis

imagen noticia
Melide presentou onte xoves a programación da 31.ª Festa do Melindre e da repostaría tradicional.

31/03/2023 Presentou tamén o spot publicitario “Melide en Mar”. O xornalista Manuel Pampín dará pregón o 14 de maio.  Ler máis

imagen noticia
Comezan as obras de mantemento e rehabilitación do firme da N-547 ao seu paso polo concello de Melide

23/03/2023 Os traballos son realizados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.  Ler máis

imagen noticia
Melide celebra a última fin de semana de abril unha nova edición da emblemática Foliada

22/03/2023 A presentación do evento correu esta mañá a cargo da concelleira de Cultura, Mayka Basalo, acompañada polo alcalde, José Manuel Pérez, e contou coa presenza do músico Xabier Díaz, cabeza de cartel. É a segunda edición organizada polo Concello, tras o éxito do ano pasado.  Ler máis

imagen noticia
O mapa do gasto municipal en educación en España do xornal El País salienta o importante investimento do Concello de Melide neste ámbito

20/03/2023 O estudo, publicado o pasado día 13, recolle datos de investimento neste eido de concellos de todo o Estado. Melide dedica case un 10% do seu orzamento para investimento educativo en infantil, primaria e educación especial da localidade. Ler máis

imagen noticia
Melide contará con campamentos de Pascua para facilitar a conciliación familiar-laboral.

17/03/2023 As inscricións estarán abertas ata o 29 de marzo. Ler máis

imagen noticia
Apróbase a licitación de obras de pavimentación en 10 puntos do rural de Melide

16/03/2023 Os traballos forman parte do POS+ 2/2022. O orzamento da obra achégase aos 345.000 euros. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide convoca o III Premio de Relato Curto en prol da igualdade.

15/03/2023 Os relatos deberán se enviados ao departamento de Cultura do Concello de Melide, antes das 14:00 horas do luns 17 de abril de 2023. Ler máis

imagen noticia
Aprobada en Xunta de Goberno a licitación da reposición do camiño de Petos (Furelos)

09/03/2023 As obras licitáronse por procedemento aberto simplificado cun orzamento de 50.152,20 euros. Estes traballos están incluídos no POS+ adicional 2/2022.  Ler máis

imagen noticia

08/03/2023 Catro obras de teatro enfocadas ao público adulto representaranse no Centro Sociocultural Mingos de Pita todos os domingos ata o 2 de abril. Ler máis

imagen noticia
Inícianse os traballos de substitución do céspede do campo de fútbol municipal

03/03/2023 A manta orixinal, con máis de 14 anos de antigüidade, cambiarase por un novo céspede sintético de última xeración. Ler máis

imagen noticia
O voto en contra do Partido Popular imposibilita a dotación de novo solo industrial en Melide

01/03/2023 Na votación non se logrou acadar maioría absoluta necesaria para recalificar os terreos como solo urbanizable para uso industrial.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide reitéralle á Xunta e ao Ministerio de Transportes a necesidade de construír sendas peonís na N-547 e AC-840 para mellorar a seguridade dos viandantes

24/02/2023 O incremento do trafico rodado, procedente da autovía A-54, incrementou a perigosidade nas estradas que atravesan o noso concello.  Ler máis

imagen noticia
Melide xúntase a outros cinco concellos para impulsar a dixitalización da xestión do ciclo da auga

23/02/2023 A concorrencia conxunta cos concellos da Pastoriza, Fisterra, Pol, Silleda e Valga permitirá optar ás subvencións estatais para proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga. No caso de Melide, permitira a ligazón para depurar a rede de saneamento do polígono industrial da Madanela.  Ler máis

imagen noticia
Melide celebra o Entroido 2023 cun completo programa de cinco días de actividades

16/02/2023 O concurso de disfraces e desfile celebraranse o domingo pola tarde. As actividades arrincan co concerto do Conservatorio de Música de Melide e péchanse o mércores 22 co taller de entroido para as e os pequenos da casa. Ler máis

imagen noticia
Melide celebrará a II Liga de Fútbol Sala

15/02/2023 O Concello de Melide levará a cabo unha nova edición desta competición dun dos deportes máis emblemáticos por volume de afección no municipio. Os partidos disputaranse todos os mércores no polideportivo. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide solicítalle á Xunta investimentos urxentes nos centros educativos

14/02/2023 O Concello identifica, en colaboración constante coa comunidade educativa, numerosas eivas nos centros que requiren dos pertinentes investimentos autonómicos. Reformas en instalacións deportivas, asfaltado ou melloras de seguridade, materias pendentes.  Ler máis

imagen noticia
Presentado o cartel do Mercamelide de inverno 2023, cuxo prazo de inscrición se estende ata o día 20 de febreiro

13/02/2023 A feira do comercio local contará cun servizo gratuíto infantil para facilitar as compras ás familias. Os comercios socios de ASETEM poden inscribirse a través da asociación. Os non asociados, no Concello. Ler máis

imagen noticia
Nota aclaratoria do goberno do Concello de Melide sobre a acusación verquida polo Partido Popular pola ocultación dun Informe.

10/02/2023 O goberno de Melide cumpriu en todo momento coa lexislación aplicable no acceso a información, segundo indica o informe elaborado por Secretaría, por petición da alcaldía.  Ler máis

imagen noticia
Melide conta cunha nova senda peonil de acceso a Área Recreativa de Furelos

09/02/2023 A obra responde a unha solicitude realizada polo equipo de goberno á Subdelegación de Goberno en A Coruña Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide arrinca a promoción da campaña “Melide destino...os domingos de Melide” nas redes sociais

02/02/2023 A campaña ten como obxectivo animar aos turistas e persoas doutros concellos a visitar o noso municipio para os seus plans de ocio e consumo da fin de semana. Ler máis

imagen noticia
Melide, Santiso e Toques acollerán a 1ª proba da Liga Galega de Raids de Orientación : RAID INTERIOR DE GALICIA, DENDE O ULLA ATA O BOCELO

01/02/2023 Representantes dos tres concellos presentaron hoxe a proba en Melide. Esta primeira proba do Campionato porá en valor o amplo patrimonio histórico, cultural, natural e paisaxístico dos concellos que atravesa. Terá lugar o 18 de marzo e cubrirá unha distancia total de 80 quilómetros. A inscrición abrirá o xoves 2 de febreiro.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide colabora coa Igrexa Parroquial na retirada dos niños de cegoña.

30/01/2023 A retirada dos niños conta coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente. Ler máis

imagen noticia
O Mercamelide volve potenciar o comercio local os días 25 e 26 de febreiro

24/01/2023 Os comercios que queiran participar poden inscribirse ata o 20 de febreiro. Aqueles que sexan socios de ASETEM poden facelo na Asociación, mentres que non asociados poden facelo no Concello. Na edición de 2022 participaron un total de 14 negocios melidaos.  Ler máis

imagen noticia
O alcalde de Melide e o concelleiro de Promoción Económica participan na difusión do Camiño de Santiago en FITUR

19/01/2023 A Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés presenta hoxe en Madrid un vídeo de promoción desta importante ruta de peregrinación que actualmente representa a variante máis habitual para a realización da ruta xacobea. A Oficina de Turismo de Melide recibiu case 17.000 peregrinos durante a primavera e o verán do ano pasado.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide promociónase en FITUR coa gastronomía e o Camiño como emblemas

18/01/2023 Melide fará difusión dos seus atractivos turísticos na nova edición da Feira Internacional de Turismo que comeza este mércores, 18 de xaneiro, en Madrid. A Festa do Melindre, o patrimonio histórico local ou o Camiño de Santiago serán as liñas mestras da promoción melidá neste importante foro internacional.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide lembra que o derribo das vivendas sitas na rúa María Casares e Camiño Vello de Santiago responde a unha sentenza xudicial firme ante a que non cabe recurso.

17/01/2023 Os 3 veciños que denunciaron a ilegalidade das construccións solicitaron ante o Xulgado, en maio de 2020, a execución da sentenza Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide comeza esta semana a promoción da Festa do Melindre en Santiago, Madrid e Portugal.

16/01/2023 O evento inicia hoxe no CIFP Compostela unha intensa semana de actividades de promoción da 31.ª Festa do Melindre, que se celebrará o 13 e 14 de maio. Ler máis

imagen noticia
Melide reduciu case 25 veces o tempo medio para o pagamento a provedores dende 2016

13/01/2023 Actualmente, o período medio de pagamento global a provedores é de 1,65 días, tal e como recoñece o Ministerio de Facenda e Función Pública.  Ler máis

imagen noticia
Melide anuncia os gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal

09/01/2023 O xurado concede o primeiro premio a Mis Mejores Labores, Carnicería Cardelle e Toysmaniatic Melide acadan o segundo e terceiro premio. Ler máis

imagen noticia
Aprobada a licitación do proxecto para transformar a piscina municipal nun moderno centro deportivo.

29/12/2022 O goberno local axiliza ao máximo posible os prazos para poder dar comezo as obras no primeiro cuadrimestre do ano.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide instala un conxunto de cámaras de seguridade no Polígono da Madanela

27/12/2022 O dispositivo de vixilancia, que vén de pórse en marcha, permitirá coidar da seguridade neste importante espazo para a economía local. A instalación supón un investimento de 17.998,87 euros. Ler máis

imagen noticia
Rematan as obras de asfaltado no polígono da Madanela

14/12/2022 Os traballos leváronse a cabo por segundo ano consecutivo para asegurar o estado óptimo dunhas vías que soportan diariamente un importante volume de tráfico pesado. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide lanza a campaña “Melide Destino.....os Domingos en Melide”.

09/12/2022 As campañas de Dinamización Comercial do Concello de Melide foron recoñecidas en 2021 a nivel estatal, en concorrencia con ducias doutras iniciativas, como proxecto singular pola Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación. Esta nova campaña destacará a variedade, calidade e proximidade do comercio local.  Ler máis

imagen noticia
O Concurso de Escaparates de Melide volve implicar o comercio local na decoración das festas no municipio

03/12/2022 Repartiranse tres premios por valor de 1.000, 500 e 250 euros respectivamente. O prazo de inscrición abre ata o 9 de decembro. Valoraranse aspectos coma a orixinalidade, a montaxe, a estética, a creatividade ou a ambientación de Nadal nos escaparates a concurso. Ler máis

imagen noticia
Aprobada a licitación do proxecto de mellora da pavimentación e a seguridade viaria na Rúa Concepción Arenal e outras vías de Melide

02/12/2022 Dará continuidade aos traballos que se van a realizar na rúa Rosalía de Castro e outras, dentro da estratexia de remodelación urbana do centro de Melide. Intervirase en beirarrúas e asfaltado.  Ler máis

imagen noticia
Melide acende hoxe o alumeado público de Nadal

01/12/2022 Entre o 1 e o 19 de decembro, a iluminación acenderase entre as sete da tarde e as once da noite. A partir dese día, será ata as 3 da mañá. Nos núcleos rurais, un ano máis haberá iluminación de Nadal, neste caso dende o 19 de decembro.  Ler máis

imagen noticia
O pleno de Melide aproba senllas modificacións orzamentarias para negociar a adquisición dun solar estratéxico no centro da vila e transformar a piscina municipal nun moderno centro deportivo

23/11/2022 A parcela actualmente cedida ao Concello cun contrato de cesión gratuíta, considérase estratéxica pola súa situación e extensión. A piscina poderá corrixir os seus problemas estruturais, que obrigan a tela pechada por seguridade, e transformarse nun espazo adecuado para o impulso das prácticas deportivas en Melide.  Ler máis

imagen noticia
Este venres arrinca a XXXII Semana da Música da Terra de Melide , que contará con 17 actuacións de grupos e solistas

17/11/2022 Dezasete actuacións conforman este ano a ampla oferta cultural que albergará o Centro Sociocultural Mingos de Pita. As dúas últimas fins de semana do mes concentran un grande número de actuacións de grupos e solistas da comarca. Ler máis

imagen noticia
A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural somete a información pública o estudo de iniciación da Parcelaria de Baltar-Golán-Grobas

15/11/2022 O prazo para realizar achegas é dun mes dende o seguinte día a súa publicación no DOG Ler máis

imagen noticia
Melide programa un completo mes de actividades contra a violencia de xénero arredor do 25N

08/11/2022 O 25 de novembro lerase o manifesto institucional ás 12h na praza do Convento. Funcións teatrais e musicais, actividades educativas e obradoiros de prevención de acoso ou autodefensa forman parte do programa. Ler máis

imagen noticia
Remata o primeiro mes de actividade das Escolas Deportivas e Culturais cunha participación de récord

07/11/2022 Durante o mes de outubro, un total de 166 persoas participaron nas actividades culturais. No relativo ás deportivas, foron 362. Ademais, preto de 50 persoas participan nas actividades de ximnasia por parroquias.  Ler máis

imagen noticia
Elimínanse as restricións no consumo da auga

07/11/2022 Queda así derrogado bado do pasado 11 de agosto.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide implanta o quinto contedor para a recollida selectiva da materia orgánica

04/11/2022 Colocaranse 25 colectores deste tipo no municipio. Levarase a cabo unha campaña de difusión desta nova separación de residuos. O próximo domingo haberá un stand informativo no Cantón de San Roque.  Ler máis

imagen noticia
O Concello lanza unha campaña en colaboración coas empresas de servizos funerarios para impulsar o uso do galego no sector

28/10/2022 A campaña “Melide agora e sempre en galego” busca o impulso do emprego do galego en actos fúnebres, derradeiras vontades, placas mortuorias e necrolóxicas. Malia ser a lingua de uso maioritario en Melide, o galego dista de estar normalizado no ámbito funerario.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide estende a whatsapp o sistema municipal de información e avisos con InfoMelide

27/10/2022 O novo servizo municipal de información e avisos por whatsapp InfoMelide comezará a funcionar o venres 28 de outubro. O usuario só deberá solicitar a alta e gardar o contacto do servizo no seu teléfono móbil. Este novo servizo súmase á app móbil xa dispoñible, que tamén ten un sistema de avisos.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide substitúe a iluminación en tramos da Avenida de Toques e Friol e na estrada da Coruña para unha mellor eficiencia e seguridade.

25/10/2022 O novo alumeado instalado reducirá o consumo nun 84% e mellorará a seguridade. A iluminación variará de intensidade segundo a hora do día e o volume de tráfico.  Ler máis

imagen noticia
SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

23/10/2022 Conxunto de intervencións dirixidas á población infantil de 0 a 6 anos, á su familia e ao seu entorno. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide instala elementos de ocultación de colectores do lixo no Camiño de Santiago

20/10/2022 Mediante estes traballos agocharonse dous contedores de orgánicos no Carballal e Parabispo. Adecuanse as infraestruturas de recollida do lixo á necesaria protección dun Ben de Interese Cultural.  Ler máis

imagen noticia
Arrinca o obradoiro de emprego Natureza no Camiño de Santiago no que participan 20 alumnas/os de catro concellos da contorna

17/10/2022 Vinte veciñas e veciños formaranse durante un ano en repoboación forestal e tratamentos silvícolas no Obradoiro Dual de Emprego. O curso inclúe actuacións en fincas municipais dos catro concellos. José Manuel Pérez, alcalde de Melide: “É fundamental seguir colaborando entre concellos próximos para garantir oportunidades de formación e emprego para toda a veciñanza”. Ler máis

imagen noticia
Melide organiza unha nova e completa edición do Outono Cultural

14/10/2022 O Concello organiza un completo programa de actividades para os meses de outubro e decembro. Entre o Día da Biblioteca e as Xornadas Micolóxicas, ata oito actividades diversas ofrecen alternativas de lecer para todos os gustos e todas as idades. O Magosto e o Samaín, os grandes eventos relacionados coa cultura tradicional.  Ler máis

imagen noticia
Melide dá un novo paso na modernización e mellora de instalacións deportivas coa substitución do céspede do campo de fútbol

11/10/2022 A Xunta de Goberno local celebrada hoxe aprobou a licitación deste importante proxecto para a mellora das instalacións acometida durante o presente mandato. Vén sumarse á recente finalización das melloras nos accesos. O prazo de execución das obras será de catro meses, cun orzamento de licitación de 191.529,59 €. Ler máis

imagen noticia
Melide mellorará a iluminación, son e tramoia do auditorio do Centro Sociocultural Mingos de Pita a través dun importante investimento en maquinaria

07/10/2022 O espazo adquirirá novo material co cal pór en valor esta importante infraestrutura cultural melidá. Un terzo do financiamento provirá dunha subvención autonómica, cubríndose o resto con fondos municipais.  Ler máis

imagen noticia
O Pleno de Melide aproba obras de pavimentación no rural por importe de 344.579,14€

04/10/2022 O Pleno Ordinario celebrado na tarde do luns 3 de outubro tamén aprobou un suplemento de crédito para facer fronte ao incremento de gastos derivado da sube de prezos da electricidade. Do mesmo xeito, foi aprobada a Conta Xeral de 2021. As obras incluídas no proxecto aprobado por unanimidade redundarán nunha mellora duradeira do confort e seguridade das vías da area rural melidá.  Ler máis

imagen noticia
O proceso de selección para o obradoiro “Natureza no Camiño de Santiago” axústase á normativa vixente, lembra o Concello de Melide

30/09/2022 O equipo de selección para esta formación laboral está integrado por persoal técnico dos concellos participantes. A proposta de alumnado e profesorado parte do Servizo Público de Emprego Estatal. O Concello lembra que a documentación do proceso é pública e está á disposición de todos os grupos políticos.  Ler máis

imagen noticia
A II Andaina dos Montes do Bocelo terá lugar o 12 de outubro e cruzará o “teito da Coruña”, o Coto do Pilar.

29/09/2022 Os Concellos de Melide e Toques organizan unha nova edición desta camiñada de posta en valor da ruta que une ambos municipios a través do Coto do Pilar, o punto máis alto da provincia. Haberá autocares para o regreso dende o propio cumio. A saída efectuarase tanto de Melide como dende Toques, podendo participarse na andaina en calquera dos dous sentidos.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide organiza a II Liga de Pádel Concello de Melide

22/09/2022 A competición levarase a cabo dende o mes de novembro. Nesta ocasión haberá varias categorías e produciranse ascensos e descensos a metade da tempada. O ano pasado a Liga contou con 20 equipos inscritos. Ler máis

imagen noticia
A subdelegada do goberno en A Coruña destaca a Melide como referencia na loita contra a violencia machista.

20/09/2022 Na reunión de traballo mantida na mañá de hoxe a subdelegada destacou a Melide por facer uso de todos os instrumentos postos a disposición dos Concellos para a loita contra a violencia machista. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide saca a licitación obras de pavimentación nas parroquias de O Barreiro e San Cibrao

09/09/2022 As actuacións encádranse dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas (Agader). Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide abre o prazo de matrícula para o novo curso do Conservatorio Profesional de Música.

05/09/2022 O período de matriculación estará aberto ata o venres 16 de setembro. Ler máis

imagen noticia
Melide viaxa no tempo co seu V Mercado de Época Furelos no 1900

03/09/2022 O Concello de Melide celebra do 16 ao 18 de setembro a quinta edición do Mercado de 1900 de Furelos. A cita servirá para a dinamización turística da vila e incluirá un tren turístico que unirá o casco urbano melidao con Furelos para facilitar os desprazamentos de visitantes. Animación, música, teatro, artesanía e exposicións compoñen unha variada oferta de lecer para a fin de semana. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide reduce as emisións de CO2 no municipio en menos de dous anos despois de aprobarse o PACES

02/09/2022 Na actualidade, o Concello xa levou a cabo dúas das tres medidas propostas no Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible. Ata 2022, Melide baixou un 18,95% as emisións de CO2, co obxectivo de chegar ao 40% durante o que queda de década.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide vese na obriga de adoptar medidas ante a escaseza de auga

12/08/2022 Trala solicitude recibida de Espina & Delfín, empresa subministradora da auga, o concello vese na obriga de tomar medidas para aliviar a situación. Ler máis

imagen noticia
O Servizo de Atención Temperá de Melide en colaboración con outros Concellos comezará a funcionar en setembro

09/08/2022 Melide, Arzúa, Santiso, Toques e Vilasantar xuntan esforzos para dar resposta ás necesidades da poboación de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou risco de padecelos. O servizo, gratuíto, contará con tres profesionais: psicólogo/a, logopeda e terapista ocupacional. Ler máis

imagen noticia
Melide aproba os orzamentos 2022 e unha nova Relación de Postos de Traballo.

04/08/2022 O Pleno ordinario celebrado onte aprobou uns orzamentos expansivos destinados a mellorar a prestación de servizos e unha nova RPT que adecúa o organigrama municipal á realidade melidense. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide colabora no "Mercamelide na rúa" que se celebrará os días 12 e 13 de agosto

02/08/2022 Participarán máis dunha vintena de comercios locais da vila con grandes descontos e cunha ampla variedade de artigos. Ler máis

imagen noticia
Vinte persoas recibirán formación en reforestación e tratamentos silvícolas no obradoiro “Natureza no Camiño de Santiago” dos Concellos de Melide, Arzúa, Santiso e Toques

02/08/2022 A Xunta de Galicia subvencionará a actividade con medio millón de euros. O obradoiro durará un ano e dará comezo no mes de setembro. Intevirase en 33 puntos dos catro concellos.  Ler máis

imagen noticia
Un potente cartel devolve a Melide as Festas de San Roque

30/07/2022 M Clan e orquestras como a París de Noia e a Olympus conforman unha programación na que Melide recupera por fin as súas festas. Tamén haberá espazo para as actuacións de música tradicional. Os festexos estenderanse durante seis días, do 16 ao 21 de agosto.  Ler máis

imagen noticia
O verán énchese de cultura cunha completa programación en Melide que inclúe ata vinte actividades distintas

07/07/2022 O Verán Cultural inclúe este ano actividades musicais, teatrais, cine, danza, pintura ou fotografía, ata un total de 20 citas culturais. As actividades prolongaranse de xullo a setembro.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide arranxa o alumeado público en varios tramos do Camiño de Santiago

04/07/2022 Os traballos incluíron a instalación de 20 novos focos, así como a colocación de cadros protectores e uns 250 metros de liña eléctrica. A intervención levouse a cabo en seis puntos do termo municipal. Ler máis

imagen noticia
A Medalla de Ouro de Melide recoñece nas Festas de San Pedro o persoal que traballou en primeira liña contra a pandemia

29/06/2022 As festas de San Pedro celébranse hoxe, mércores 29 de xuño, co pasarrúas de Herba Grileira, a tradicional procesión e o concerto da Banda da Escola de Música de Visantoña, alén da entrega de medallas. Os colectivos distinguidos comprenden o persoal da área sanitaria, o persoal de dependencia e axuda a domicilio, o de obras e servizos, as forzas de seguridade, o profesorado e alumnado dos centros de ensino, os traballadores do sector privado máis afectados pola carga de traballo da pandemia e os servizos sociais municipais.  Ler máis

imagen noticia
Arrancan con récord de participación os Campamentos de Verán do Concello de Melide

28/06/2022 Prologaranse ata o 12 de agosto cunha ampla actividade lúdica e deportiva.  Ler máis

imagen noticia
O servizo Madrugadores pecha o seu primeiro curso facilitando a conciliación das familias de 25 nenas e nenos de Melide.

27/06/2022 Madrugadores funcionou durante todo o curso escolar nos tres centros educativos do municipio. Foi utilizado mensualmente por preto de 25 nenas e nenos, deixando un balance moi positivo desta primeira edición. Grazas á súa implantación deuse resposta a unha reclamación da comunidade escolar. O Concello abre a inscrición do vindeiro curso o próximo 1 de xullo. Ler máis

imagen noticia
Arrincan as obras de mellora dos accesos ao campo de fútbol de Melide

10/06/2022 Os traballos contemplan a mellora da eficiencia e seguridade nas portas e accesos, así como cambios estéticos. O alcalde, José Manuel Pérez, e o concelleiro de Deportes, José Antonio Prado, visitaron hoxe as obras.  Ler máis

imagen noticia
Melide, Arzúa, Palas de Rei, Santiso, Toques e Monterroso reclaman ao Goberno central repensar o Anteproxecto de Lei de Mobilidade Sostible e manter os servizos no rural

07/06/2022 Alcaldes e representantes de seis concellos das comarcas de Melide, Arzúa e a Ulloa xuntáronse esta mañá na Casa do Concello de Melide para dar unha resposta común ao impacto que a nova normativa terá sobre o transporte público. A norma do Goberno central causará a eliminación de paradas de uso diario por parte da veciñanza destes concellos, xerando un gran malestar. Ler máis

imagen noticia
Melide amplía os tradicionais Campamentos de Verán cunha oferta de actividades lúdicas e deportivas.

02/06/2022 Os campamentos adiantan o inicio ao 27 de xuño e prolongaranse ata o 12 de agosto. O prazo de inscrición abre o día 6 e mantense ata o 15 deste mes. Os concelleiros de Deportes e Cultura amósanse confiados no éxito dunha edición enfocada a mellorar a conciliación familiar e a experiencia de lecer das nenas e nenos.  Ler máis

imagen noticia
Melide estabilizará case 30 prazas de persoal laboral temporal

30/05/2022 A Xunta de Goberno local remite á Mesa Xeral de Negociación a relación de 29 prazas coas que Melide cumprirá coa Lei 20/2021. Ademais, o órgano de goberno acorda adxudicar as obras da Rúa Campo Grande, uns traballos que se estenderán durante medio ano para humanizar e mellorar este vial. Ler máis

imagen noticia
Melide porá en valor o seu cruceiro, o máis antigo de Galicia

27/05/2022 Os traballos, que se prolongarán durante aproximadamente tres semanas, comprenderán obras de cantería e de restauración, así como a creación de sinalización. O Concello destina preto de 8.000 euros a esta intervención patrimonial no corazón da vila.  Ler máis

imagen noticia
Rematan as escolas deportivas e culturais do Concello de Melide consolidando a normalidade nas actividades municipais

26/05/2022 A clausura terá lugar o venres 27 -no caso das Escolas Deportivas- e o domingo 29 -no das Culturais-. Ata 400 veciñas e veciños de Melide participaron nas Escolas Deportivas e Culturais que rematan na última semana do mes de maio. O Concello valora moi positivamente a participación e salienta que se conseguiu operar con normalidade durante case todo o curso. Ler máis

imagen noticia
Melide organiza un completo programa polo Día das Letras Galegas con teatro, música e encontro das e dos autores do municipio

10/05/2022 O Concello elabora material de difusión da figura e obra de Florencio Delgado Gurriarán que se repartirá entre o alumnado dos centros de ensino. O I Encontro con Autores/as Melidáns/ás xuntará oito representantes das letras locais no mesmo día en que se dá a coñecer o fallo do II Premio de Relato Curto en Prol da Igualdade. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide inaugurou hoxe a EXPOSICIÓN 30 ANOS DE DOCES

29/04/2022 O acto tivo lugar no cantón de San Roque como actividade dentro do programa do 30.º aniversario da Festa do Melindre. Ler máis

imagen noticia
Melide celebra a I edición da súa Copa de Fútbol Sala

20/04/2022 Celebrarase ao longo de catro xornadas: tres clasificatorias todos os mércores dende o 20 de abril e unha eliminatoria que terá lugar o sábado 7 de maio, nunha xornada dedicada ao fútbol sala que complementará as celebracións da XXX Festa do Melindre Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide presenta alegacións á nova Lei de Mobilidade Sostible para evitar a perda de paradas de autobús no municipio

13/04/2022 O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, enviou igualmente unha misiva á ministra de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana onde expón o prexuízo que a nova norma supón para o servizo de transporte en Melide a consecuencia da reforma das concesións de transporte que eliminará varias paradas Ler máis

imagen noticia
A presentación de “Cuando nada vale nada” do melidense Pedro Santiago abre este domingo as celebracións do Mes do Libro en Melide

09/04/2022 O Concello de Melide desenvolverá actividades relacionadas coa lectura durante todo o mes de abril en conmemoración do Mes do Libro. Deste modo, ás actividades de dinamización da lectura que se desenvolverán nos centros educativos sumarase a presentación da novela “Cuando nada vale nada” do melidense Pedro Santiago e a celebración do Día do Libro na Biblioteca Xosé Vázquez Pintor. Ler máis

imagen noticia
Numerosas persoas achegáronse a colaborar na acción solidaria en favor de Ucraína promovida polo Concello de Melide en colaboración con varias entidades.

08/04/2022 O acto tivo lugar en Santiago na presentación do 30.º aniversario da Festa do Melindre, a favor da ONG Itínera Faciendo, Nenos de Ucraína en Galicia. Ler máis

imagen noticia
Melide celebra a XV edición da Foliada do 23 ao 24 de abril

01/04/2022 Esta edición estará organiza por primeira vez polo Concello co apoio da Asociación O Castelo. Ademais de recuperar os tradicionais Cantos de Taberna e o Serán con grupos de Melide e outros puntos de Galicia, a oferta musical complétase coas Tanxugueiras e Comando Curuxás. A XV Edición presentouse esta mañá en rolda de prensa diante do Concello.  Ler máis

imagen noticia
O equipo Pub Mhyto proclámase campión da I Liga de Fútbol Sala do Concello de Melide

31/03/2022 A competición, que arrincou en decembro do ano pasado, contou coa participación de 7 equipos. Para José Prado, concelleiro de Deportes, o evento supón “un éxito”  Ler máis

imagen noticia
Concello e A.D. Cerne organizan a I Andaina Solidaria polo Camiño de Santiago

22/03/2022 A recadación obtida irá destinada á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. A Andaina celebrarase o sábado 2 de abril, e contará cunha fila 0 para doazóns.  Ler máis

imagen noticia
Melide adhírese a unha nova edición do Programa “Camiños de Coñecemento e Experiencia”

15/03/2022 Trátase dun programa de formación e aprendizaxe para persoas maiores de 50 anos. Ler máis

imagen noticia
Melide contará cunha senda peonil na estrada de Sabián

11/03/2022 O novo itinerario permitirá incrementar a accesibilidade e a seguridade tanto para peóns coma para o tráfico rodado da contorna, facilitando unha mellor convivencia entre ambos Ler máis

imagen noticia
Melide xunta esforzos con concellos da contorna para dar resposta ás necesidades de atención temperá á infancia

09/03/2022 O Concello asinará con Toques, Arzúa, Santiso e Vilasantar un convenio para optar de maneira conxunta ás subvencións autonómicas destinadas a prestación de servizos de atención temperá durante 2022. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide licita as obras para a posta en valor da Rúa Ovedo

08/03/2022 O proxecto responde ao compromiso de recuperación progresiva do Casco Histórico. Incluirán a renovación do pavimento con lousa tradicional e a renovación do saneamento e separación deste da recollida de pluviais. O prazo de execución é de 6 meses e conta cun investimento de case 140.000 euros da Deputación da Coruña  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide recibe en Vigo o premio á mellor xestión deportiva en concellos de menos de 15.000 habitantes.

05/03/2022 O xurado recoñeceu o traballo realizado durante a pandemia, a creación de ligas federadas e o forte investimento realizado, entre outros. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide incrementa por segunda vez neste mandato as horas adicadas a persoas dependentes no Servizo de Axuda no Fogar.

04/03/2022 O servizo refórzase cun incremento de 6000 horas anuais de axuda no fogar ás persoas en situación de dependencia.  Ler máis

imagen noticia
Melide pon punto e final ao entroido cunha gran participación

03/03/2022 No concurso celebrado o pasado martes, repartíronse 2650€ en premios nas categorías de comparsas, grupos, individuais e parellas.  Ler máis

imagen noticia
Tanxugeiras actuarán na Foliada de Melide 2022

11/02/2022 As tres cantareiras que competiron para ir a Eurovisión actuarán na Foliada de Melide que se celebrará os días 23 e 24 de abril.  Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide agradece a Jim Sports o seu patrocinio da Liga de Pádel

10/02/2022 Jim Sports é o patrocinador deste evento deportivo local. O concelleiro de Deportes, José Prado, visitou onte as instalacións da empresa en Palas de Rei en compañía do xerente da mesma, Jim Graña. Ler máis

imagen noticia
O Pleno de Melide aprobará hoxe investimentos por valor de 560.130,81€.

02/02/2022 A participación no Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación permite realizar investimentos urbanísticos e sociais de gran calado no municipio. Ler máis

imagen noticia
O Mercamelide celebra unha nova edición entre o 12 e o 13 de febreiro

01/02/2022 Ata 14 comercios da localidade ofrecerán os seus produtos da tempada outono/inverno de primeira calidade a prezos reducidos. O Mercamelide, que se celebra no Pazo de Congresos, volve ofrecer ao visitante produtos de todo tipo, dende fogar a roupa e tecnoloxía. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide pon en valor a Fonte de San Xoán de Furelos

31/01/2022 A fonte, de mediados do século XX, serve de abastecedora de agua para os veciños de Furelos e para os camiñantes que discorren pola variante francesa.  Ler máis

imagen noticia
Melide habilita no Folicheiro unha nova senda para a seguridade dos paseantes

28/01/2022 A senda ten unha lonxitude aproximada de 670 metros a ambos os lados da vía. O Concello segue a promover espazos seguros para o desenvolvemento de hábitos de vida saudables. Ler máis

imagen noticia
Rosalía de Castro pon rostro á loita contra o feísmo en Melide

25/01/2022 A poetisa protagoniza un mural obra da artista Lidia Cao. Atópase na fachada posterior do Multiusos e fronte ao parque homónimo. Melide súmase así ao mapa da arte urbana. Ler máis

imagen noticia
Melide mellorará os accesos ao Campo de Fútbol Municipal

13/01/2022 O procedemento de contratación das obras de mellora no acceso ao Campo de Fútbol de Melide arrincou hoxe. Inclúen intervencións sobre as portas e accesos para mellorar a eficiencia e a utilidade, así como a seguridade de peóns e vehículos. Tamén se actuará dende o punto de vista estético. Ler máis

imagen noticia
Melide pon o broche á exitosa programación do Nadal cunha Cabalgata de Reis adaptada á situación epidemiolóxica

04/01/2022 . A Cabalgata partirá da Ronda de Pontevedra ás 18h. Os Reis Magos non se deterán no camiño nin se tirarán caramelos para evitar aglomeracións. Do mesmo xeito, non haberá recepción. O Concello pide á veciñanza distribuírse ao longo de todo o percorrido de forma uniforme, gardando distancia interpersoal e evitando congregacións. Ler máis

imagen noticia
Resultado Concurso Escaparates Nadal 2021

31/12/2021 Manualidades Creati, Carnicería Cardelle e Feitura traxes tradicionais foron os gañadores. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide acomete reformas no Campo de Fútbol e no Polideportivo Municipal

22/12/2021 As obras subsanan carencias nas instalacións e modernizan notablemente o equipamento. Estes traballos melloran o retorno das actividades deportivas e supoñen según José A. Prado, “recoñecer e apoiar o esforzo diario das asociacións deportivas para promover a práctica deportiva entre a veciñanza de Melide”. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide eleva a 80.000 euros as subvencións nominativas a asociacións locais en 2021

21/12/2021 O Concello de Melide destina en 2021 80.000 euros ás subvencións nominativas para gastos de asociacións locais. A partida increméntase case un 20% dende os 67.000 euros de 2020. Ler máis

imagen noticia
O servizo de “Xantar na Casa” de Melide amplíase a 20 prazas

14/12/2021 O programa, posto en marcha pola Concellaría de Política Social, atende a persoas maiores, dependentes e/ou en exclusión social. Procura garantir a atención nutricional para evitar o deterioro da saúde e da calidade de vida. Ler máis

imagen noticia
Melide conta cun novo vehículo para a Policía Local

10/12/2021 O vehículo foi adquirido a través dunha subvención do Fondo de Compensación.  Ler máis

imagen noticia
Melide celebra outro Nadal Máxico para despedir 2021 con cultura e espectáculos para toda a familia.

09/12/2021 O Nadal chega a Melide cunha completa programación que se estende durante todo decembro e parte de xaneiro. Alén da tradicional Cabalgata de Reis e luces de Nadal, Melide celebrará estas datas cunha completa programación de teatro, monicreques, concertos e maxia para todos os públicos. Ler máis

imagen noticia
Melide aproba unha Relación de Postos de Traballo que prima a eficacia, a axilidade e a accesibilidade da administración local para prestar un mellor servizo á cidadanía.

03/12/2021 . A nova RPT sae adiante co voto favorable do grupo de Goberno e co apoio unánime da representación sindical. Divide o organigrama municipal en sete areas e harmoniza os gastos en materia de persoal coa creación de novos postos para atender ás novas inquedanzas e necesidades cidadás.  Ler máis

imagen noticia
Arrinca a Liga de Fútbol Sala de Melide

02/12/2021 A Liga, significa a recuperación para os afeccionados en xeral dun dos deportes emblemáticos do municipio a través dunha competición que xa conta con 7 equipos. Os partidos xogaranse cada mércores entre as 20.30h e as 23h no pavillón polideportivo municipal Ler máis

imagen noticia
Melide contará con 6 prazas na Campaña de Neve 2022 da Deputación de A Coruña

29/11/2021 A actividade celebrarase entre os días 11 e 14 de febreiro na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias.  Ler máis

imagen noticia
O alcalde acude a entrega das medallas de Protección Civil na que o melidense Juan Curros recibiu o distintivo de permanencia

28/11/2021 Durante o acto, o conxunto das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Toda  Galicia recibiron a medalla de ouro pola súa colaboración na emerxencia sanitaria.  Ler máis

imagen noticia
O Goberno local saca adiante un crédito extraordinario para o tratamento de augas residuais na Madanela ante unha nova discriminación da Xunta contra o pobo de Melide

26/11/2021 O pleno extraordinario do 26 de novembro aprobou o expediente de modificación orzamentaria para afrontar o investimento do proxecto de conexión de augas residuais do Polígono da Madanela co saneamento de Melide. O proxecto sae adiante con cargo ao remanente de tesourería municipal. O Concello de Melide anuncia que este proxecto irá adiante a pesar das dilacións da Xunta. Ler máis

imagen noticia
Comezan as obras para acadar a homologación da ruta de sendeirismo que une os Concellos de Melide e Toques.

19/11/2021 A ruta dos Montes do Bocelo, que será homologada, atravesa o punto máis alto da provincia da Coruña cunha lonxitude de 19 quilómetros.  Ler máis

imagen noticia
Exposición da obra e vida de Ricardo Carvalho Calero no Cantón de San Roque.

17/11/2021 A exposición foi adiada no ano 2020 por mor da pandemia.  Ler máis

imagen noticia
Rematan as obras de acceso a explotacións agropecuarias na parroquia de San Cibrao.

17/11/2021 Os traballos serviron para mellorar os accesos, que se atopaban deteriorados debido ao paso de maquinaria agrícola e vehículos pesados, así como polos fenómenos meteorolóxicos. O custe total foi de 62.959,93 €. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide reacondiciona viais e rotondas no parque empresarial da Madanela

12/11/2021 Os traballos acometidos pola Administración local teñén por obxectivo facilitar as manobras dos vehículos e a reparación de viais deteriorados. O custe total dos traballos ascende a 88.414,93 euros. Ler máis

imagen noticia
Os concellos de Melide, Toques e Santiso reclámanlle á Xunta de Galicia persoal para atender axeitadamente ao alumnado con necesidades educativas especiais nos centros de ensino.

09/11/2021 O alcalde, José Manuel Pérez, asinou un escrito a semana pasada neste sentido xunto aos seus homólogos de Santiso e Toques. Os tres rexedores recollen así as demandas da comunidade educativa e ANPAs. As concelleiras de Política Social e de Educación, Carmen Liñeira e María Jesús Iglesias, mantiveron reunións coas nais e pais afectadas/os para coñecer as súas demandas. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide lembra que os seus integrantes con dedicación exclusiva renunciaron á suba salarial de 2021

05/11/2021 O Goberno local de Melide lembra tamén que mantén relacións de asesoría cuxas retribucións foron establecidas en base a un proceso de licitación iniciado polo anterior executivo que non cuestionou por responsabilidade institucional. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide pon en marcha unha nova edición do concurso de escaparates de Nadal

04/11/2021 O Concello de Melide anunciou hoxe a convocatoria dunha nova edición do seu xa tradicional concurso de escaparates de Nadal. Nesta edición a contía dos premios aumenta sensiblemente fronte a anos anteriores, cun primeiro premio que sobe de 600 a 1.000 euros. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide aproba o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais

02/11/2021 No documento, a veciñanza pode consultar se a súa parcela se atopa nunha franxa de 50 metros de distancia con vivendas. Os terreos nesta situación deben atoparse limpos de especies que poidan propagar lumes. Ler máis

imagen noticia
Melide acolleu esta mañá a presentación do Ecocamiño

28/10/2021 A proba deportiva, un evento de dúas distancias, conxuga o valor patrimonial, paisaxístico e mesmo gastronómico do camiño ao seu paso por Melide e outras localidades da ruta xacobea. O Ecocamiño, que arrinca o sábado 6, reúne a deportistas españois e estranxeiros e o seu percorrido rematará o domingo 7 en Santiago. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide acondiciona unha senda peonil na área de Folicheiro

27/10/2021 Os traballos, que veñen de comezar, inclúen a construción dunha senda e a pavimentación do vial. Melide suma así unha nova senda segura orientada ao desfrute dos peóns. A obra ten un custe de 99.321,35 euros e a súa duración será de catro meses. Ler máis

imagen noticia
Melide súmase á rede de Destinos Turísticos Intelixentes.

22/10/2021 A rede ten coma obxectivo acadar un turismo sostible Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide avanza na reactivación do deporte tras os efectos da pandemia

22/10/2021 A I Liga de Pádel atende á ampla afección por este deporte existente na localidade. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide leva a cabo obras de mantemento e mellora na Fonte de San Xoán de Furelos

20/10/2021 A Fonte de San Xoán de Furelos é unha das máis emblemáticas do municipio e serve para o abastecemento da veciñanza e camiñantes.  Ler máis

imagen noticia
Melide reabre o Centro Social tras 18 meses pechado pola emerxencia sanitaria.

18/10/2021 Abrirá no seu horario habitual e levarase a cabo un estrito cumprimento da normativa sanitaria vixente. Ler máis

imagen noticia
Finalizan os traballos de mellora nos cadros eléctricos da rede de luz pública.

15/10/2021 As actuacións tiveron lugar no casco urbano e nas parroquias Ler máis

imagen noticia
O curso escolar botou a andar en Melide con normalidade e cun notable aumento de inscricións no Conservatorio de Música

05/10/2021 O pasado luns, 4 de outubro, deron comezo as actividades do Conservatorio Profesional de Música de Melide, logo do peche de matrícula o venres 24 de setembro. Este ano hai un incremento do 7% no volume de alumnado. Iniciouse así con normalidade o curso educativo no municipio, coa estrea do Programa Madrugadores e a cobertura, por primeira vez, das prazas vacantes de conserxería. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide lembra que o proxecto da obra da Ponte Furelos contou co aval de Patrimonio Cultural e Augas de Galicia

04/10/2021 A intervención de rehabilitación e posta en valor da ponte foi autorizada nos termos actuais en informes favorables de 2017 e 2018. Do mesmo xeito, foi sometida a exposición pública sen rexistrarse alegacións. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide recórdalle á Xunta que a expropiación de terreos para a conexión de augas residuais entre o polígono e a depuradora debe seguir as canles legais.

01/10/2021 O Concello de Melide responde así ás declaracións de Ethel Vázquez logo de que a responsable de Infraestruturas obviase a situación real do proxecto para atacar á Administración local desde o Parlamento de Galicia.  Ler máis

imagen noticia
Melide aproba a remodelación integral dun amplo espazo entre a Avenida da Habana e a Rúa Rosalía de Castro

30/09/2021 A zona de intervención, no centro da vila, caracterizouse historicamente pola ausencia de investimentos en infraestruturas malia tratarse dunha área densamente poboada. O plan prevé a mellora do pavimento e a seguridade viaria a través dunha intervención en varios aspectos con vistas á mellorar o tráfico e accesibilidade de peóns e vehículos.  Ler máis

imagen noticia
Acto nomeamento Centro SocioCultural Mingos de Pita

21/09/2021 A antiga Casa da Cultura recibe o nome de Mingos de Pita. Ler máis

imagen noticia
Presentación do Programa "Aos pés do Peregrino"

21/09/2021 Melide contará duante uns días cunha unidade móbil de podoloxía que atenderá as demandas dos peregrinos. Ler máis

imagen noticia
Melide lanzará unha campaña para recuperar e intensificar a actividade deportiva

16/09/2021 O Concello de Melide dende a súa Concellaría de Deportes pon en marcha unha campaña para volver a recuperar o dinamismo que vivía a vila antes da chegada da pandemia. Andainas e torneos forman parte desta iniciativa Ler máis

imagen noticia
O Concello retoma a presencialidade nas actividades culturais e deportivas

10/09/2021 Despois dunha paréntese pola pandemia onde a actividade deportiva e cultural do Concello tivo que realizarse de maneira on line, o goberno local aposta por recuperar este curso a presencialidade Ler máis

imagen noticia
Melide promocionase na Feira de Festas de Interese Turístico (Festur)

03/09/2021 A Feira celebrase conxuntamente coa Semana Verde de Galicia e con Turexpo. Ler máis

imagen noticia
Melide impulsa as compras de proximidade co lanzamento da segunda campaña de tarxetas “Merca en Melide”

27/08/2021 Lanzarase unha emisión de 1300 tarxetas prepago para empregar en numerosos comercios locais. Ler máis

imagen noticia
Melide destina 15.000€ a axudas a prol da natalidade

20/08/2021 O prazo de presentación é do 20 de agosto ao 15 de novembro.. Ler máis

imagen noticia
O Concello de Melide e Espina & Delfín fomentan o consumo responsable de auga

10/08/2021 A campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca” ten como obxectivo concienciar aos veciños e anticiparse ás situacións de seca.  Ler máis

imagen noticia
Melide presenta o San Roque Cultural 2021

10/08/2021 As actividades terán lugar entre o 16 e o 22 de agosto.  Ler máis

imagen noticia
Programación musical do Mercamelide

04/08/2021 A feira de oportunidades do comercio, que se celebrará os días 13,14 e 15 de agosto, contará con actuacións musicais Ler máis




banner vivero