Novas

Máis novas

Melide anuncia os gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal

09/01/2023. O xurado concede o primeiro premio a Mis Mejores Labores, Carnicería Cardelle e Toysmaniatic Melide acadan o segundo e terceiro premio.

MELIDE 9 de xaneiro de 2022.-  O xurado do Concurso de Escaparates de Melide, reunido esta mañá na Casa do Concello en deliberación, acordou conceder o primeiro premio do certame, por valor de 1.000 €, ao comercio Mis Mejores Labores. Do mesmo modo, Carnicería Cardelle e a tenda de xoguetes Toysmaniatic foron galardoados, respectivamente, co 2º e 3º premio (500 e 250 €).

Esta nova edición do concurso contou con dezanove establecementos participantes. O Concello de Melide convidou, un ano máis, ao comercio local a participar da decoración de Nadal enfeitando os seus escaparates con motivos alusivos a estas datas. O xurado tivo en conta a orixinalidade e beleza das composicións dispostas nos establecementos gañadores.

O edil de Promoción Económica, Xosé Igrexas, salientou a participación e o bo nivel acadado no concurso deste ano. O concelleiro parabenizou aos comercios premiados, aos que se lle fará entrega dos distintos premios en próximas datas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp