Novas

Máis novas

O Pleno de Melide aprobará hoxe investimentos por valor de 560.130,81€.

02/02/2022. A participación no Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación permite realizar investimentos urbanísticos e sociais de gran calado no municipio.

MELIDE 2 de febreiro de 2022.- O Pleno Ordinario de Melide aprobará hoxe a participación do Concello no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+2022). Esta adhesión suporá a materialización de varios proxectos de índole urbanística e social.

Entre os proxectos incluídos, destaca a realización da segunda fase do proxecto de mellora da pavimentación e seguridade vial da zona comprendida entre as rúas Avenida de Habana, Rúa Galicia e Rosalía de Castro. O proxecto, cun valor de 183.248,79€, supón o compromiso do equipo de goberno de poñer en valor unha zona, do centro da vila, que se caracterizou historicamente pola ausencia de investimentos.

A aprobación do POS+2022 supón para Melide un investimento de 97.710,15€ en gasto social, que permitirá, entre outras, a ampliación de partidas adicadas a axudas de emerxencia social, ampliar o servizo de axuda a domicilio e ampliación do persoal técnico de servizos sociais e escola infantil.  

Ademais, na sesión plenaria aprobaranse dous proxectos de gran importancia e necesidade para o noso Concello, como son, a substitución do céspede artificial do Campo de Fútbol Municipal, cun investimento de 191.529,59€ e a mellora do Camiño de Petos, cun investimento de 50.152,20€.

Por último, a adhesión ao POS+2022 tamén permitirá a recepción de 279.171,87€ para o financiamento de gastos correntes.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp