Novas

Máis novas

Acto nomeamento Centro SocioCultural Mingos de Pita

21/09/2021. A antiga Casa da Cultura recibe o nome de Mingos de Pita.

MELIDE 20 de setembro de 2021.- O pasado sábado levouse a cabo o acto oficial de nomeamento do Centro SocioCultural Mingos de Pita.
 
Xosé Domingos Fuciños Gómez, coñecido popularmente como Mingos de Pita, foi cofundador do Museo Terra de Melide, creador de varias asociacións para promocionar a cultura do noso concello, mestre de gaiteiros, político, etc. 
 
Durante o acto, o alcalde Jose Manuel Pérez e a concelleira de cultura, Mayka Basalo, tiveron palabras de recoñecemento por todo o que fixo pola cultura e por Melide.
 
Dende o equipo de goberno queremos agradecer a súa familia, asociacións, veciñ@s e amig@s a súa participación.
 



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp