Novas
27/01/2012 Hoxe no Edificio Multiusos da vila terá lugar un acto literario que leva por nome: "Neira Vilas e Rachel de Queiroz: dúas figuras universais" onde a profesora da Universidade Estadual do Ceará (Brasil) Cleudene de Oliveira Aragao presentará o seu traballo sobre o escritor galego.
A Alcaldesa de Melide, Ángeles Vázquez e a Xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural UTM Ulla Tambre Mandeo, María Fernández, fan balance do primeiro ano de funcionamento da oficina técnica do GDR
26/01/2012 Mañá ás 12,00 h a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, mailo concelleiro encargado desta área de goberno, Santos López Novo presentarán a IX edición da feira de oportunidades do cerne de Galicia.