Festas - Foliada de Melide

Foto fiesta

A Foliada é un encontro cultural de música, artesanía e tradición que se celebra en Melide anualmente na última fin de semana de abril. Comezou no ano 2005 e foise convertendo nun evento que concentra obradoiros, actividades formativas, mostra de artesanía, exposicións, actuacións musicais e actividades para os máis cativos.

Foto fiesta

A complicidade estética e visual da Foliada chegou ao seu máximo esplendor no 2009, cando se instalou no casco antigo do pobo. A combinación do concurso de Cantos de Taberna co resto de concertos e actividades da programación converteu á Foliada nun evento de referencia dentro da música tradicional.

Hoxe pódese dicir que a Foliada de Melide é un encontro que se desmarca do resto de festivais da nosa terra, pola diferente experiencia musical que proporciona aos seus asistentes, nun ambiente e escenarios únicos.

Foto fiesta