• INICIO
  • CONCELLO
  • MELIDE AO DÍA
  • SERVIZOS AO CIDADÁN
  • TURISMO
  • Trámites
  • Instalacións municipais
  • Programas municipais
  • Emprego
  • Solo Industrial
  • Comercio
  • FAQs

Instalacións municipais - Educación


  • CEIP Nº 1 de Melide

    É o colexio máis antigo de Melide e o único do concello que conta con servizo de comedor. Está situado a carón do Edificio Multiusos. Para coñecer máis detalles podes ir ao sitio web desde centro educativo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1melide/

    CEIP Nº 1 de Melide

  • CEIP A Martagona

    Foi o segundo colexio que se construíu en Melide, a comezos dos anos oitenta. Atópase situado a carón da escola infantil, e do pavillón polideportivo municipal.

    CEIP A Martagona

  • CEIP Mestre Pastor Barral

    O colexio máis novo de Melide chamouse nun primeiro momento Colexio nº 3, e posteriormente recibiu o nome de Pastor Barral, en lembranza deste mestre melidense.

    CEIP Mestre Pastor Barral

  • IES Melide

    O Instituto de Ensinanza Secundaria de Melide é un dos máis dinámicos do interior do país. Pode coñecer toda a actividade que xera este centro educativo a través da súa propia web (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmelide/) na que se define como o instituto ao que acoden os alumnos e alumnas dunha das comarcas galegas máis e mellor definidas a nivel natural, económico e cultural: a Terra de Melide.

    IES Melide

  • Conservatorio de Música de Grao Medio de Melide

    O Conservatorio de Música de Grao Medio de Melide conta con 17 aulas na que imparten clase catorce profesores e profesoras. As 11 disciplinas impartidas son as seguintes:

    • Canto
    • Viola e piano
    • Violonchelo
    • Frauta e Composición
    • Percusión
    • Clarinete
    • Acordeón
    • Piano
    • Contrabaixo
    • Trombón
    • Trompeta

    O Conservatorio de Música de Grao Medio de Melide atópase nas instalacións do Edificio Multiusos.

Síguenos: facebook twitter youtube flickr

Concello de Melide - Praza do Convento, 5. 15800. Melide - Tfno: 981 50 50 03 / Fax: 981 50 62 03 - Email: concello@concellodemelide.gal