Novas

Máis novas

O goberno municipal recibe na Casa do Concello ao Melide Fútbol Sala Infantil

06/07/2021. O equipo dirixido por Pablo Gómez logrou un importante ascenso de categoría .

MELIDE 6 de xullo de 2021.- O alcalde José Manuel Pérez e o concelleiro de Deportes Jose Antonio Prado recibiron na casa do Concello ao Melide Fútbol Sala infantil, que vén de proclamarse campión da 1º división da Liga Local Infantil de Santiago, o que lle da acceso a competir na vindeira tempada en 1º Galicia infantil.

O equipo presidido por Francisco Javier Vázquez e dirixido por Pablo Gómez realizou unha magnífica tempada de principio a fin na que os rapaces gozaron competindo contra equipos da zona de Santiago.

O equipo de goberno manifestoulle aos integrantes do equipo os seus parabéns polo éxito acadado, insistindo en que a práctica deportiva, tanto individual coma en equipo reporta numerosos beneficios.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp