Novas

Máis novas

O Concello de Melide convértese nun espazo cardioprotexido

11/05/2021. Melide conta con desfibriladores e liberadores de vías aéreas en varias instalacións municipais.

MELIDE 11 de maio 2021.- Melide convértese no primeiro Concello da comarca en cardioprotexerse, contando cunha rede de desfibriladores situados en dependencias municipais, en concreto na Casa do Concello, no Centro Social e no Edificio Multiusos ademais de dous móbiles que estarán baixo a custodia da Policía Local e de Protección Civil. Estes dous últimos dispositivos permitirán dar cobertura a eventos con ampla afluencia de xente, como actos deportivos e culturais.

Para a súa correcta utilización en caso de emerxencia, persoal do Concello de Melide recibiu nos últimas días formación específica en Soporte Vital Básico, manexo de desfribilador, desobstrución da vía aérea, contando ademáis cada instalación municipal cun liberador de vías aéreas para evitar posibles asfixias por atragantamento.

O Concello de Melide ampliará en vindeiras actuacións os espazos cardioprotexidos coa instalación de desfibriladores en instalacións deportivas municipais.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp