Novas

Máis novas

O Concello intervén nos centros educativos e nos seus entornos para adaptalos ás medidas anticovid.

18/12/2020. A Concellería de Educación mantén contacto permanente cos equipos directivos dos tres centros escolares, do IES e do Conservatorio da vila así como tamén coas ANPAS para coordinar as actuacións e incrementar a seguridade de toda a comunidade educativa .

O Concello de Melide acometeu nos últimos meses labores de mantemento nos tres colexios de educación primaria da vila así como tamén no seu entorno, mellorando accesos e incrementando a seguridade dos usuarios e usuarias das instalacións educativas fronte á Covid-19.

Estas melloras foron executadas grazas ao permanente contacto que mantén o equipo de goberno local, desde a Concellería de Educación con María Jesús Iglesias á cabeza, cos equipos directivos e as ANPAS de cada centro da vila. As decisións que afectaban á circulación de vehículos para aminorar as aglomeracións foron consensudas tamén cos corpos e forzas de seguridade local.

Máis concretamente, as actuacións levadas a cabo foron realizadas pola brigada de Obras do Concello de Melide con cargo ás arcas municipais. Estes traballos tradúcense  en máis de 150 reparacións de mantemento nos centros que comprenden dende pintura, albañilería, xardinería, labores de soldadura, arranxo de persianas, carpintaría, fontanería e informática, tamén se reorganizáronse os estacionamentos de vehículos nas inmediacións dos centros para evitar as aglomeracións de persoas e turismos, como foi o caso do CEIP Nº1.

No correspondente ao CEIP da Martagona, instalouse unha cristaleira de vidro laminado na entrada, espazo de recreo habitual en días de choiva e durante esta pandemia sanitaria ao estar ventilado. Por outra banda, tamén se construiu un paso de peóns elevado á entrada do CEIP para incrementar a seguridade de conductores e viandantes cando acceden e saen do centro. Dende o Concello de Melide tamén recordan que no pasado mes de setembro, a comezos deste curso, se solventou un problema habitual durante moitos anos que non era outro que o asolagamento da zona na que está a parada de bus.

Tamén o CEIP Mestre Pastor Barral foi obxeto de melloras de mantemento e adaptación á situación sanitaria polo Concello de Melide. Entre os traballos realizados fíxose un acceso lateral de hormigón para facilitar a entrada do alumnado, solucionáronse problemas de humidades, e para incrementar a seguidade fronte á Covid-19 modificáronse espazos para recreos así como tamén ampliáronse espazos exteriores coa limpeza vexetal.

O IES de Melide tamén se beneficiou dos traballos do Concello de Melide coa reorganización do tráfico impedindo aparcar nunha marxe da rúa obrigándo aos vehículos a circular en dirección alternativas para evitar a conxestión de persoas e turismos e

Dende a Concellería de Educación do Concello de Melide explican que “desde o goberno municipal estamos en contacto diario coas ANPAS e o equipo directivo dos centros educativos para prestar os nosos medios materiais e humanos para solucionar calquer imprevisto”. María Jesús Iglesias, concelleira desta área agradece o esforzo realizado polas ANPAS e polos equipos directivos nestes momentos marcados Covid-19” e engade que “tanto os equipos directivos como o Concello estamos aunando forzas para que o alumnado e as familias vexan incrementada á seguridade nos centros educativos da vila. Proba delo son todas estas actuacións que levamos a cabo que repercutirán positivamente toda a comunidade educativa así como tamén o incremento das labores de limpeza de instalacións para as que o Concello destina desde comezos de curso preto de 7.000 euros aos mes”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp