Novas

Máis novas

O Concello de Melide repartirá máis de 2.600 euros en premios no Entroido 2020

03/02/2020. O Concello a través da súa Concellería de Cultura vén de dar a coñecer cales serán as bases para o concurso de disfraces deste ano 2020. Serán un total de 2.650 euros en premios, cun primeiro e segundo posto en tres categorías

­MELIDE 3 de febreiro de 2020.- O Concello de Melide dende a Concellería de Cultura prepara o concurso de Entroido que se levará a cabo o martes 25 de febreiro.

Os interesados en participar terán que facer a súa inscrición no departamento de Cultura do Concello de Melide ata as 14h do mediodía do propio martes 25 de febreiro. Ao mesmo tempo, e como acontecía anos anteriores, tamén poderán inscribirse a mesma tarde do concurso en horario de 16:30h a 17:00h no Cantón de San Roque, sempre que non chova, de impedilo as condicións meteorolóxicas esta inscrición poderá realizarse no palacio de congresos e exposicións.

MÁIS DE 2.600 EUROS EN PREMIOS 

Establécese un total de 2.650 euros en premios que se repartirán do seguinte xeito: nas comparsas formadas por máis de oito persoas, o primeiro premio estará dotado de 1.000 euros e o segundo de 700 euros. Para os grupos , formados de tres a oito persoas, o primeiro premio será de 400 euros e o segundo de 300 euros. Na categoría de individuais e parellas, o primeiro premio será de 150 euros e o segundo de 100 euros.

Dende o Concello de Melide deixan claro nas súas bases que os menores de idade non poderán participar na categoría individual e parellas de non ir acompañados dun adulto.

XURADO ENTROIDO 2020
 

O xurado do concurso será nomeado por decreto de alcaldía e estará formado por membros de asociacións e entidades do Concello de Melide, ou persoas vinculadas ao mundo da cultura e das tradicións.

OUTRAS ACTIVIDADES ENTORIDO 2020

A maiores do concurso de Entroido, o Concello de Melide traballa xa nas actividades que conformarán a programación desta celebración na vila e que fará público en vindeiras datas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp