Novas

Máis novas

O Concello reitera a necesidade de mellorar a AC-840 ao seu paso por Melide

21/01/2020. ¬O Concello reitera unha vez máis, xa o fixo formalmente o pasado 7 de novembro, a necesidade de mellorar o firme da estrada AC-840 ao seu paso pola vila, moi deteriorado polo paso do tempo e o crecemento do tráfico rodado na zona

MELIDE 21 de xaneiro de 2020.- O Concello de Melide vén de remitir na xornada deste martes unha nova solicitude á Consellería de Infraestruturas e Movilidade, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para que revise o estado do firme da AC-840 ao seu paso polo núcleo da vila. Trátase dunha petición reitarada por parte da administración local melidense, xa que o pasado 7 de novembro, o actual equipo de goberno trasladou este requirimento á Xunta de Galicia para que revisase os problemas no firme e actuase en consecuencia.

A   AC-840 é unha estrada de competencia autonómica que vertebra o núcleo urbano de Melide, une a ronda da Coruña coa ronda de Pontevedra, dous viarios fundamentais de entrada e saída na vila que soportan máis de 3.500 vehículos de media cada día. O alto volumen de tráfico rodado unido ao paso do tempo, fai que o firme en moitas zonas esté totalmente afundido poñendo en perigo a seguridade de condutores e viandantes.

Por estas razóns, dende o Concello de Melide volveron a reiterar na mañá de hoxe á Axencia Galega de Infraestruturas a necesidade de arranxar o firme da AC-840 ao seu paso pola vila. No escrito remitido adxuntouse un completo dossier fotográfico evidenciando a mala conservación desta estrada, unha situación que se califica dende o ente local como moi grave e que supón un perigo para veciños e visitantes.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp