Novas

Máis novas

O Concello de Melide aprobará un orzamento que se incrementa un 13%

20/11/2019. O actual goberno local levará a pleno un orzamento que ascende a 7.781.279,77 euros.O obxectivo desta proposta de orzamento é a modernización administrativa do concello e iniciar un novo proxecto de futuro para Melide.

MELIDE 20 de novembro de 2019.-  O novo goberno local leva e tempo en forma a proposta de orzamentos para 2020, despois de dúas prórrogas do anterior.

O anterior goberno popular con maioría absoluta non foi capaz de aprobar en dous anos un orzamento axeitado para o pobo. Polo que o novo equipo de goberno púxose mans a obra para facer un orzamento realista e co obxectivo fundamental de regularizar todos aqueles contratos que están caducados e que o anterior goberno por desidia non foi quen de quitalos adiante.

O orzamento está equilibrado en gastos e ingresos, en 7.781.279,11 €, que supón un aumento do 13,16 % con respecto ao do 2018.

Resumo de datos:

INGRESOS

GASTOS

Impostos directos

31,49 %

Persoal

27,02 %

Impostos indirectos

1,03 %

Gastos correntes

46,65%

Taxas

13,03 %

Transferencias Correntes

2,88 %

Transferencias de Capital

21,41%

Investimentos Reis

22,93 %

Con respecto ao capítulo I, gastos de persoal, prevense as retribucións experimenten un aumento do 2,50 %, previsto como suba salarial polo estado.

Ademais na mesa de negociación cos sindicatos o pasado xoves 14 de novembro onde se aprobou por unanimidade o cadro de persoal, tamén se chegou acordos para a modificación da RPT que se levará acabo no 2020, así como a aprobación do primeiro convenio colectivo entre outros acordos en materia de persoal.

No capítulo de investimentos destacar que para o 2020 está orzamentado 1.793.940,89 €.

- Do POS+2018 son 366.562,92 € Reforma da rúa Camiño Real.

- Tamén do POS+2018 son 214.298,32 da Mellora da  Pavimentación pista a Ponte da Pedra e outros.

  TOTAL POS+2018: 580.861,24 €

- Do POS+2019 SON 99.321,35 € DA Melloran de Servizos e seguridade vial de Martagona e Furelos e outros.

- Do POS+ Adicional 2019 son 298.248,50 € para o Proxecto Básico e de Execución Reforma e posta en Valor da Rúa Campo Grande.

TOTAL POS+2019: 397.569,85 €

- Do POS+2020 destinase 311.734,97 € para facer fronte ás facturas pendentes de pagamento a provedores deixados polo anterior goberno.

-No POS Adicional 2020 que son 249.782,49 € é para o Proxecto Básico e de Execución adecuación e posta en valor da Rúa San Pedro.

TOTAL POS+2020: 561.517,46 €

Vai tamén orzamentado 317.885,15 € para a renovación de alumeado público exterior que se solicitará a través dunha subvención do IDAE.

Algún datos interesantes con respecto ao proxecto de orzamentos para o 2020 son :

1.- A débeda pública supón o 0,53%.

2.- Pavimentación das vías e Infraestruturas supón 22,16 %.

3.- Abastecemento domiciliario auga potable supón o 2,95 €.

4.- Parques e xardíns, limpeza viaria e Recollida de lixo o 10,96 %.

5.- Asistencia social o 10,26 %.

6.- Promoción Cultural e Deportes o 9,48 %.

7.- Alumeado Público o 3,89 %.

COMPARACIÓN 2019-2020

 

2018

2020

INGRESOS

6.876.522,27 €

7.781.279,77 €

GASTOS

6.876.522,27 €

7.781.279,77 €

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp