Novas

Máis novas

Dá comezo a actividade do Conservatorio Profesional de Música de Melide

16/09/2019. Coincidindo co comezo da actividade lectiva en todos os conservatorios profesionais de música de Galicia e tal e como establece o calendario das ensinanzas especiais, o conservatorio municipal comeza hoxe o seu curso 2019/2020

MELIDE 16 de setembro e 2019.- O Conservartorio Profesional de Música de Melide deu comezo hoxe a súa actividade regrada. Faino, a diferenza de anos anteriores, en tempo e forma, tal e como marca a calendario da Consellería de Educación de ensianzas especiais, nas que se atopa a formación musical.

Así, durante esta semana, realizaranse os exames correspondentes á convocatoria de setembro do curso 2018/2019 e será xa, a semana que vén, cando as clases das diferentes modalidades musicais comecen con total normalidade.

Tal e como reflexan os datos que se coñecen ata o momento, a matrícula para o próximo curso do conservatorio municipal duplicouse no primeiro grao elemental con respeto ao ano pasado e na súa totalidade serán máis de 100 alumnos e alumnas os que cursen estas ensinanzas na vila.

A concelleira de Educación do Concello de Melide, María Jesús Iglesias, agradece “o enorme esforzo realizado por parte dos diferentes departamentos municipais, , para que Melide poida dar comezo ao curso no conservatorio ao tempo que o fai o alumnado de toda Galicia. Está claro que isto é unha realidade grazas á boa xestión do novo equipo de goberno”.

MÁIS DE 20 ESPECIALIDADES MUSICAIS

O Conservatorio Profesional de Música de Melide oferta diferentes alternativas nas disciplinas musicais, no apartado de corda, impártese violín, viola, violonchelo e contrabaixo. En canto ao vento madeira: frauta, clarinete, saxo e oboe. En vento metal: trompeta, trompa, tuba e trombón. Tamén no amplo abano de posibilidades de formación musical no conservatorio melidense atópase o solfexo, percusión, piano, armonía, guitarra, gaita, canto e acordeón.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp