Novas

Máis novas

José Manuel Pérez toma posesión como novo alcalde de Melide

15/06/2019. José Manuel Pérez estrénase como alcalde melidense. Foi investido como rexedor no Pleno onde tomou o bastón de mando que lle entregou a ex alcaldesa popular Dalia García. Pérez logrou a Alcaldía grazas ao apoio dos dous concelleiros socialistas que votaron a favor da súa investidura

MELIDE 15 de xuño de 2019.- José Manuel Pérez, o cabeza de lista da formación Adiante Melide, vén de tomar posesión como novo alcalde de Melide no pleno de investidura celebrado hoxe no salón de Plenos da casa do concello.
Nun salón ateigado de xente, a anterior alcaldesa, Dalia García, entregou o bastón de mando do Concello, a José Manuel Pérez, quen será o rexedor melidense nesta lexisulatura que acaba de co que rematará no ano 2023.
José Manuel Penas conseguiu a Alcaldía melidense cos cinco votos de Adiante Melide sumados ao apoio dos socialistas, que con dous votos máis apoiaron o equipo independente para poder chegar ao goberno melidense. O Partido Popular de Melide corresponderalle a oposición nesta próxima lexislatura, sumando seis concelleiros.
 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp