Novas

Máis novas

Fomento redacta o proxecto para a instalación dunha rotonda en Santa María e actuacións nos pasos de peóns, co obxectivo de incrementar a seguridade da N-547 ao seu paso por Melide

24/09/2020. No día de onte representantes do Goberno Central visitaron Melide e reunironse con representantes do goberno local para valorar as necesidades en materia de seguridade da N-547 aos eu paso polo casco urbán da vila

MELIDE 24 de setembro de 2020.-O alcalde de Melide, José Manuel Pérez e o primeiro tenente de alcalde, José A. Prado, tiveron unha reunión de traballo no día de onte na vila con Sergio Vázquez, secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, con Javier Losada, delegado do goberno en Galicia, acompañados de Pilar López-Rioboo, subdelegada do goberno na provincia da Coruña e de Ángel González, xefe de demarcacións de estradas en Galicia.

Na xuntanza valoráronse actuacións en materia de seguridade na estrada N-547 ao seu paso por Melide. As peticións do equipo de goberno ao Ministerio de Fomento, foron a necesidade de instalar unha rotonda no cruce de Santa María, enlace de camiños cara Santiago de Compostela que concentra unha alta influencia de peregrinos, ademáis de ser o lugar no que se entrelaza unha das estradas principais de entrada e saída ao casco urbán ca principal vía de comunicación co veciño Concello de Santiso e futura conexión coa A-54. O aumento da seguridade nos pasos de peóns que hai na N-547 ao seu paso polo noso concello , son obxecto actuación necesarias.

O Ministerio de Fomento, que visitou insitu o lugar no que se vai a instalar a rotonda, informou ao equipo de goberno melidense que a consecuencia da reunión que a finais do ano 2019 mantiveron na subdelegacion do Goberno na Coruña, Jose Manuel Pérez e Jose Antonio Prado cos representantes do Goberno Central, está en redacción o proxecto para poder executar esta actuación que incremente a seguridade para viandantes e condutores que utilizan esta vía de comunicación no seu día a día.

Desde o equipo de goberno congratúlanse deste anuncio “valorando moi positivamente a disposición mostrada en todo momento polo Ministerio de Fomento coas necesidades de Melide, acordando seguir en permanente contacto para incrementar a seguridade da N-547 ao seu paso polo casco urbán”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp