Novas

Máis novas

O goberno local reúnese cos responsables dos centros escolares e das ANPAS

05/09/2020. A concelleira de Educación do Concello de Melide vén de reunirse coas directoras e representantes das ANPAS dos tres colexios da vila para organizar o comezo do curso, tendendo a man do goberno local para unha colaboración permanente

MELIDE 5 de setembro de 2020.- O Concello de Melide a través da súa concelleira de Educación, María Jesús Iglesias, reuniuse coas directoras e representantes das ANPAS dos tres colexios da vila para planificar e organizar as medidas a tomar a cabo co comezo do curso.

Trátase dunha xuntanza periódica ao longo dos meses, pero que nesta ocasión, se cabe, toma máis importancia debido á crise sanitaria que estamos a vivir. Na reunión de onte, ambas partes analizaron a situación na que se atopa cada colexio e as súas necesidades, que se van subsanando co traballo da brigada de Obras do Concello de Melide.

Os peóns municipais traballan dende hai días a reo para que o vindeiro xoves 10 de setembro os centros escolares estén en condicións óptimas para que o alumnado regrese as aulas. Adecentamento de xardíns e zonas verdes, tarefas de mantemento e conservación das instalacións así como a reparación daqueles desperfectos indicados pola dirección de cada colexio, foron os traballos realizados polo equipo de Obras local.

Ao mesmo tempo nesta xuntanza, a concelleira de área indicou aos alí presentes que o goberno local xa ten cerrada a ampliación do horario do servizo de limpeza dos centros escolares para cumprir co protocolo establecido pola Xunta de Galicia fronte á Covid-19.

O Concello de Melide tendeu a man aos representantes dos tres CEIPs para continuar en contacto permanente, realizando como ata o momento un traballo coordinado que teña como obxetivo principal o benestar do alumnado e das súas familias.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp