Novas

Máis novas

O Concello explica nun bando as medidas a tomar no velorio e nos enterros na fase 3

09/06/2020. O Concello de Melide explica a través dun bando da Alcaldía as medidas a tomar no velorio municipal e nos enterros que se leven a cabo durante a fase 3 de desescalada, sempre respectando as medidas sanitarias para previr o Covid-19

MELIDE 9 de xuño de 2020.- O Concello de Melide explica nun bando da Alcaldía as medidas a tomar no velorio municipal e nos enterros que se produzan na vila durante a fase 3 de desescalada.

Así, segundo a orde SND/458/2020, do 30 de maio, pola que se flexibilizan determinadas restricións de ámbito nacional establecidas tralas declaración do estado de alarma en aplicación á fase 3 do Plan para a transición cara a nova normalidade, autorízanse os velorios en todo tipo de instalación, públicas ou privadas, cun límite máximo de 50 persoas en espazos ao aire libre e de 25 persoas en espazos pechados.

Este bando municipal establece a participación na comitiva para o enterramento ou despedida para a cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de 50 persoas, entre familiares e achegados, ademais, de ser o caso, do ministro do culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.

En todo caso, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do Covid-19, relativas ao mantemento dunha distancia mínima de seguridade de dous metros, hixiene de mans e etiqueta respiratoria.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp