Novas

Máis novas

A biblioteca Xosé Vázquez Pintor de Melide reabre as súas portas

26/05/2020. A biblioteca reabre as súas portas baixo medidas de seguridade para frear a expansión do virus. Nesta fase 2 de desescalada estes edificios poden reabrir co 30% de aforo. Non se poderán utilizar nin ordenadores nin a sala de estudo

MELIDE 26 de maio de 2020.- A biblioteca Xosé Vázquez Pintor de Melide reabriu as súas portas na xornada de onte con medidas de seguridade. Así o horario deste servizo durante estes días será diferentes, horario reducido tan só de mañá, dende as 9h e ata as 14h.

Entre os servizos dispoñibles para os socios e socias atópase o préstamo e a devolución, mantendo sempre a distancia de seguridade ao realizar a consulta, será o persoal da instalación o encargado de recoller e entregar os materiais prestado. As obras que se leven para os fogares non estarán infectadas, xa que cumpriran estrictamente unha corentena durante 14 días.

Para a información bibliográfica, tamén se deberá manter a distancia de seguridade. A biblioteca Xosé Vázquez Pintor de Melide non terá dispoñible a aula de estudo durante este tempo así como tamén non estará permitido o uso dos ordenadores.

Dende a Biblioteca Municipal de Melide fan unha serie de recomendacións á veciñanza que queira usar este servizo para garantir a seguridade tales como non acudir á instalación con síntomas de Covid-19, manter a distancia de dous metros, acudir só e os menores de 14 anos sempre acompados dun adulto responsable, utilizar preferentemente as escaleiras, circular polas zonas únicamente permitidas para os usuarios e facer uso do xel hidroalcólico.

A biblioteca Xosé Vázquez Pintor ten durante a fase 2 de desescalada un aforo reducido ao 30% para seguridade de todos e todas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp