Novas

Máis novas

O Concello de Melide reabre os servizos sociais con cita previa

18/05/2020. Debido á crise sanitaria, o Concello mantiña ata o día de hoxe os servizos sociais abertos só para as urxencias. o centro social reabre hoxe as súas portas con cita previa para a o realización de trámites e resolver dúbidas da veciñanza

MELIDE 18 de maio de 2020.- O Concello de Melide reabre dende o día de hoxe luns 18 de maio os diferentes departamentos dos servizos sociais ubicados no centro social da vila. Faino baixo a norma de cita previa, polo que os veciños e veciñas que queiran realizar calquer consulta ou resolver dúbidas, poderán achegarse ata as oficinas albergadas no centro social sempre e cando soliciten cita previa no teléfono 981 50 57 06.

O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Política Social tomou esta decisión para incrementar a seguridade da veciñanza e dos traballadores e traballadoras que cada día se achegan ao centro social para exercer as súas tarefas profesionais.

Dende hoxe permanecerán abertos todos os servizos que se ofrecen dende o Centro Social sempre baixo a atención con cita previa, recuperándose así os servizos da asistencia social, psicóloga, educadora familiar, enfermaría, etc. Todos eles cos memos horarios e días iguais aos establecidos con anterioridade ao decreto de estado de alarma.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp