Novas

Máis novas

Remata o curso de atención integral a coidadoras no medio rural en Melide

06/11/2019. Co remate do mes de outubro púxoselle punto final ao curso que albergaba os talleres do Servizo de Atención Integral a Coidadoras do Medio Rural. Unha iniciativa que gozou de moito éxito e que se impartiu no edificio multiusos

MELIDE 6 de novembro de 2019.- O Concello de Melide acolleu un curso dividido en varios talleres do Servizo de Atención Integral a Coidadoras do Medio Rural. Esta iniciativa foi levaba a cabo coa colaboración da Fundación Mujeres, encargada de poñer en marcha a formación nas instalacións municipais.

Foron un total de 14 mulleres as que se inscribiron nas dependencias municipais para poder recibir esta formación.  O curso pechouse co 100% de participación das persoas inscritas.  Ao longo de sete sesións, impartidas os xoves en horario de mañá, as coidadoras informais de persoas dependentes aprenderon diferentes ferramentas que lles axudarán no seu traballo diario. Impartíronse catro talleres para profundizar en temáticas diversas como a saúde e o autocoidado da persoa coidadora, o manexo das habilidades sociais e as condutas asertivas para relacionarnos coas persoas que temos ao redor, a regulación de conflictos e a búsqueda de fórmulas acaídas para unha negociación exitosa na que todas as partes gañen, e os vínculos amorosos e a pertinencia da corresponsabilidade de cara aos coidados dentro dos mesmos.

Tal e como explican dende a organización desta iniciativa “as veciñas asistentes foron moi participativas durante todo o curso e amosaron moito entusiasmo e interese polas temáticas a tratar, fomentando o debate e a búsqueda de alternativas que facilitasen o seu benestar a nivel integral: na súa saúde física, psicolóxica, social e emocional”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp