Novas

Máis novas

Éxito do I Mercamelide no Camiño celebrado no cantón de San Roque

12/08/2019. O I Mercamelide no Camiño celebrouse esta pasada fin de semana na vila, venres e sábado, e contou con éxito de participación de establecementos locais, un total de 23, así como tamén con moita afluenza de visitantes e veciños

MELIDE 12 de agosto de 2019.- O I Mercamelide no Camiño, que se celebrou o pasado venres e sábado tivo lugar no cantón de San Roque e foi visitado por centenares de persoas o venres pola tarde e o sábado ao longo de todo o día.  Este cambio de ubicación responda á necesidade de incentivar e dinamizar o comercio melidense cunha iniciativa, a do Mercamelide de verán, que estaba perdendo forza co paso do tempo.

Foron un total de 23 comercios participantes, o ano anterior participaron 14, de moitos e variados sectores: calzado, menaxe, complementos, textil,  electrodomésticos, decoración, alimentación, seguros, telefonía móbil e internet, iluminación, etc.

Paralelamente a esta festa do comercio local, houbo actividades paralelas como animación de rua, tanto venres como sábado, e os concertos de Roi Casal e The Cerne e Strobos, para finalizar as dúas xornadas de mercas na vila.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp