Novas

Máis novas

Máis de 5.000 persoas visitan a oficina de turismo de Melide en xullo

30/07/2019. A oficina de turismo do Concello de Melide situada na parroquia de Furelos, vén de recibir este mes un total de 5.042 visitantes na súa chegada á vila para coñecer máis da nosa gastronomía, a nosa cultura e o noso patrimonio

MELIDE 30 xullo de 2019.- Os técnicos de Turismo do Concello de Melide veñen de facer balance dos datos que deixa o mes de xullo en canto a visitas se refire.  As cifras son as seguintes: 5.042 persoas foron as que se achegaron á oficina de Turismo, situada na parroquia de Furelos, ao longo deste mes que está a piques de rematar.

Ata 30 de xullo, visitaron esta oficina un total de 5.042 persoas das cales 3.280 persoas foron de españolas, 900 procedentes de diferentes países de Europa e 869 de ouros países do mundo.

Pasaron pola oficina unha media de 174 persoas ao día aproximadamente, a gran maioría procedentes de España: uns 113 españois de media ao día. Estes, en gran parte proceden de Andalucía e da Comunidade de Madrid, tamén destacan aqueles que veñen de Cataluña, Comunidade Valenciana e Canarias.

En canto a europeos, a media é dunhas 31 persoas ó día. Sobresaen os visitantes italianos, seguidos máis de lonxe por aqueles que proceden de Francia, Alemaña e Reino Unido.

Do resto do mundo a media é de 30 persoas diarias. A súa maioría son estadounidenses, seguido en orde decrecente por coreanos, mexicanos e brasileiros.

CIFRAS SIMILARES AO ANO 2018

Tal e como apuntan dende a oficina de turismo de Melide, as cifras son similares a do ano anterior, o principal cambio foi o descenso da porcentaxe de visitantes españois (pasouse dun 71% a un 65%) fronte a importante subida dos visitantes procedentes do resto do mundo, é dicir, non europeos (o ano pasado eran o 11% dos visitantes e este ano son o 17%). Este incremento foi encabezado polo gran número de peregrinos estadounidenses.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp