Novas

Máis novas

A nova organización do goberno supón un aforro de case seis mil euros

10/07/2019. O Concello de Melide celebrou na tarde de onte un Pleno que se aprobaron as diferentes áreas do goberno, as dedicacións exclusivas para tres concelleiros e as comisión informativas pertinentes para esta nova lexislatura 2019-2023

MELIDE 10 de xullo de 2019.- O Pleno municipal celebrado na tarde de onte en Melide aprobou un total de tres dedicacións exclusivas coas que contará o novo goberno local para a recén inaugurada lexislatura. En consecuencia coas propostas do equipo de goberno actual, realizarase un aforro de 2.466,88 euros durante toda a lexislatura, tal e como se extraen dos datos facilitados polos departamento de Internvención do Concello de Melide.

Con repecto á Xunta de Goberno Local (XGL) executarase un aforro nos catro anos de 3.360 euros con en diferenza ao gobernó anterior. En definitiva, o aforro global é e 5.826,88 euros entre as dedicacións exclusivas e os gastos da XGL.

O alcalde melidense, José Manuel Pérez, apuntou no Pleno de onte que “esta nova organización responde á búsqueda dunha maior eficacia na xestión e na transparencia do Concello de Melide”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp