Novas

Máis novas

Música local na escola infantil municipal para a festa de fin de curso

03/07/2019. A escola infantil municipal de Melide despediu o curso 2018/2019 con música de Xele Barrio e Cristina Varela, ambos país dun alumno da escola que tiveron a ben realizar un pequen concerto para os máis cativos e cativas melidenses

MELIDE 3 de xullo de 2019.- A escola infantil de Melide despediu o curso 2018/2019 cunha festa nas súas instalacións e fíxoo con música tradicional ao aire libre e cunha merenda de lampeiradas para os máis cativos.
A música correu a cargo dos veciños melidenses Cristina Varela e Xele Barrio, ambos pai e nai dun alumno da escola municipal, que se achegaron durante a festa de despedida para poñer a banda sonora con acordeón a tan especial xornada.
O curso da escola infantil municipal continua en xullo e ata o mes de agosto, que é cando o servizo se mantén pechado para as vacacións e ao mesmo tempo para realizar os controis pertinentes da instalación. O curso comezará de novo o próximo mes de setembro.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp