Novas

Máis novas

A avoa de Melide, María Barreiro, celebra o seu 106 aniversario

21/06/2019. O alcalde, José Manuel Pérez, acompañado de membros do seu equipo de goberno, visitou onte á veciña da parroquia de Maceda, María Barreiro, que vén de cumprir 106 primaveras. É considerada a avoa da vila, é a veciña máis lonxeva

MELIDE 22 de xuño de 2019.- Na tarde de onte, o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, acompañado de membros do seu goberno, achegáronse ata a parroquia de Maceda para visita a María Barreiro, veciña melidense que cumpría 106 anos.
Trátase da persoa con máis idade do Concello de Melide que cada 20 de xuño cumpre anos. María Barreiro, vive actualmente cunha das súas fillas e continua mostrando gran vitalidade. O alcalde de Melide achegouse ata a súa casa para entregarlle un ramos de flores e desexarlle un feliz día acompañada dos seus familiares e amigos.
Melide é unha das vilas que conta con máis centenarios. Actualmente, preto de 380 habitantes do municipio teñen máis de 85 anos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp