Novas

Máis novas

Alecrín de Melide asiste en Madrid ao I Encontro para Mulleres Dixitalizadas

20/06/2019.  A Asociación de Mulleres Rurais Alecrín de Melide asistiu onte en Madrid ao I Encontro para Mulleres Dixitalizadas. Foi a única asociación galega que tivo presenza na capital. Asistiu a presidenta e a tesoureira do colectivo

MELIDE 20 de xuño de 2019.- A Asociación de Mulleres Rurais Alecrín de Melide, asistiu na xornada de onte ao I Encontro para Mulleres Dixitalizadas que se celebrou en Madrid, sendo o colectivo melidense o único galego que asistía a este acto. Un tema clave para conseguir incorporar a todas as empresas, zonas e persoas á axenda dixital.
Dixitalizadas, é un proxecto da Fundación Cibervoluntarios, Fundación Mulleres e Google.org, para formar en competencias dixitais a mulleres do ámbito rural para promover a súa empregabilidade.

O I Encontro para Mulleres Dixitalizadas, ao que onte asistiu a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Melide, Aurora Fernández, acompañada da tesoureira do colectivo, Emérita Varela, onde se clausurou o programa,  despois de ter formado a máis de 4.000 mulleres en máis de 250 zonas rurais, e contou coa presenza da ministra de Economía e Empresa en funcións, Nadia Calviño.

Foi un encontro no que participaron diferentes asociacións e empresas que sumaron esforzos para facer que as mulleres do rural teñan as mismas posibilidades que as mulleres que viven no entorno urbano.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp