Novas

Máis novas

Éxito de vendas e de público un ano máis na Festa do Melindre de Melide

13/05/2019. Melide celebrou a XXVIII da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional que homenaxeou como cada segundo fin de semana do mes de maio aos ricos, melindres e amendoados. O tempo acompañou e as vendas volvéronse superar

MELIDE 13 de maio de 2019.- O chef Paco Roncero, foi o encargado de ser o pregoeiro da edición número 28 da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide que se celebrou esta pasada fin de semana na vila. No seu discurso de onte na praza do Convento, o cociñeiro dixo que “é imprescindible preservar as tradicións na gastronomía” e apuntou que “hai que anotar e apoiar a todos os veciños que fan posible que o Melindre chegue a onde está chegando, non cesedes na conservación das vosas raíces”.

Pola súa banda, os embaixadores puxeron en valor a importancia dos melindres, ricos e amendoados, e  recibiron a distinción do Concello de Melide pola súa labor de promoción das elaboracións históricas da Terra de Melide e polo compromiso de difusión, a partir de agora, destes produtos artesanais.

O Concello de Melide nomeou aos embaixadores e embaixadorasda festa, que se comprometen a poñer en valor e dar a coñecer os doces únicos no mundo da comarca melidense. Nesta edición, os galardoados foi 8 persoeiros a maiores do pregoeiro,  a nivel autonómico e nacional do mundo da cultura, a gastronomía, o deporte e o mundo empresarial: o coñecido actor Marcos Pereiro no 15 aniversario do dúo cómico As Cantareiras de Ardebullo; a reposteira e instagramer Isabel Pérez de Aliter Dulcia; o triatleta gañador de 3 copas do mundo Uxío Abuín; o xornalista gastronómico Jorge Guitián; a directiva de Aceites Abril Elena Pérez Canal; a chef María Varela de A Parada das Bestas e Miguel Ángel Liboreiro de O Tobo do Lobo; e o director do CIFP Carlos Oroza, Manuel Hermo.

A alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, destacou no acto de nomeamento a honra que supón para a vila contar cun elenco de persoeiros tan diverso e de tanta relevancia nos seus campos apoiando esta celebración, que este ano cumpre a súa vixésimo sétima edición. Así mesmo, agradeceu a Paco Roncero a súa entrega e cercanía en nome de toda a veciñanza.

Ao longo das dúas xornadas da festa, tanto sábado como domingo houbo en Melide unha ampla programación para pequenos e maiores. Espectáculo infantil, concertos, obradoiros, etc..O broche de ouro a esta edición do Melindre correu do grupo galego Milladoiro que encheu a praza do Convento na tardiña de onte. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp