Novas

Máis novas

Melide acolle as probas internacionais de cans de rastro de coello

02/05/2019. Melide acolle por quinto ano as probas internacionais para cans de rastro Copa Galicia da Terra de Melide que se celebrarán os días 3, 4 e 5 de maio. Todos os participantes na proba terán un agasallo por parte da organización

MELIDE 2 de maio de 2019.- O Concello de Melide colabora coas probas internacionais para cans de rastro de coello Copa Galicia que se celebrarán dende mañá venres 3 de maio e ata o vindeiro domingo na nosa vila.

As probas comezarán mañá pola tarde ás 16h e serán tamén durante as xornadas de sábado e domingo teñan lugar diferentes competicións nas que os cans de rastro de coello serán desta volta os protagonistas.

O venres e sábado serán as probas de rastro de coello onde todos os días se optará a un CACT. E será o domingo 5 de maio cando se despute a Copa Galicia Terra de Melide de rastro de coello con varios premios. Desputarase nos tecores de Palas de Rei, a Ulloa, Toques, A Xuntanza e Melide. 

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp