Novas

Máis novas

A Sociedade Canina celebra na vila a proba internacional CACT Spaniels

11/04/2019. Melide volve ser este fin de semana epicentro da actividade cinexética. Dende mañá e ata o domingo celebrarase na vila e nos concellos da Comarca as probas internacional de CACT Spaniels Terra de Melide sobre perdiz sen abatimento

MELIDE 11 de abril de 2019.- Melide volve ser esta vindeira fin de semana o epicentro da actividade cinexética co desenvovelmento da proba de traballo internacional para spaniels que se enmarcan dentro das probas internacionais de cans de rastro que se levan a cabo en Melide no mes de abril, maio e xuño.

Esta nova proba de traballo comezará mañá ás 8.30h da mañá, onde os participantes se reunirán no pazo de congresos e exposicións para desputar ao longo da xornada do venres a I proba de caza práctica mención CACT. O sábado 13 de abril será a seunga proba de caza práctica-CACT, proba en cobro de auga e o domingo 14 de abril, celebrarase a terceira proba caza práctica mención CACT. Todas as probas se realizarán sobre perdiz sen abatimento.

As probas realizaranse nos montes de Melide e do concello veciño de Toques. As persoas que queiran asistir de público poderán chamar en calquer momento ao teléfono 615 986 688 para saber a ubicación exacta das probas.

Estas probas están organizadas pola Sociedade Canina Galega e contan coa colaboración da Sociedade de Caza Terra de Melide, Tecor da Ulloa e Tecor A Xuntanza, Arion, Itecam,  o Concello de Melide e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

 

PROBAS INTERNACIONAIS DE RASTRO DE COELLO TERRA DE MELIDE

As vindeiras probas internacionais que se realizarán na vila dentro da Copa Galicia de rastro de cans de rastro Terra de Melide celebraranse a primeira fin de semana de maio, coincidindo cos días 3, 4 e 5.

Serán as probas de rastro de coello as vindeiras que se celebren na nosa vila e que contarán con gran afluenza de participantes como de público.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp