Novas

Máis novas

Melide repartirá máis de 2.600 euros en premios no concurso de Entroido

04/03/2019. Despois do concerto de música do alumnado do conservatorio municipal do venres e da festa infantil de onte no palacio de congresos, Melide celebrará o concurso de entroido mañá, onde se repartirán máis de 2.600 euros en premios

MELIDE 4 de marzo de 2019.- Melide celebra mañá o seu gran concurso de disfraces que terá lugar como é habitual no palacio de congresos e exposicións da vila.

Unha das novidades máis importante da programación deste ano é que o coñecido cómico humorista, Fredi Cruxer, será o encargado de presentar o concurso de disfraces que terá lugar no pazo de congresos e exposicións ás 18.30h da tarde. A recepción dos participantes como é habitual terá lugar ás 16.30h da tarde no cantón de San Roque, de onde sairá o desfile, sempre que o tempo o permita. No caso de choiva, a recepción de participantes será xa no pazo de congresos ás 17.30h da tarde e quedará anulado o desfile polo casco urbano. Haberá diferentes premios para as categorías de comparsas, grupos e individuais e parellas.

No concruso melidense, que se celebrará mañá mares de entroido, estableceranse un total de 2.650 euros en premios que se repartirán do seguinte xeito: nas comparsas formadas por máis de oito persoas, o primeiro premio estará dotado de 1.000 euros e o segundo de 700 euros. Para os grupos , formados de tres a oito persoas, o primeiro premio será de 400 euros e o segundo de 300 euros. Na categoría de individuais e parellas, o primeiro premio será de 150 euros e o segundo de 100 euros.

Dende o Concello de Melide deixan claro nas súas bases que os menores de idade non poderán participar na categoría individual e parellas de non ir compañados dun adulto.

MÚSICA E FESTA INFANTIL

A programación entroideira en Melide comezou o pasado venres cun concerto de música na casa da cultura da man do alumnado e profesorado do conservatorio municipal da vila. Xa na tarde de onte domingo, os máis pequenos gozaron dunha festa infantil no palacio de congresos e exposicións.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp