Novas

Máis novas

Aberto o prazo para inscribirse no concurso de entroido de Melide

15/02/2019. O Concello ten o prazo aberto para poder participar no concurso de entroido que se vai a celebrar o vindeiro martes 5 de marzo nas instalacións do pazo de congresos e exposicións da vila. As inscricións no departamento de Cultura

MELIDE 15 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide ten o prazo aberto para que todas aquelas persoas que queiran participar no concurso de entroido que se celebrará o martes de entroio, 5 de marzo, poidan inscribirse. A realización deste pequeno trámite pode realizarse nas dependencias do deparmento de Cultura, situado na casa consistorial.

MÁIS DE 2.500 EUROS EN PREMIOS

Establécese un total de 2.650 euros en premios que se repartirán do seguinte xeito: nas comparsas formadas por máis de oito persoas, o primeiro premio estará dotado de 1.000 euros e o segundo de 700 euros. Para os grupos , formados de tres a oito persoas, o primeiro premio será de 400 euros e o segundo de 300 euros. Na categoría de individuais e parellas, o primeiro premio será de 150 euros e o segundo de 100 euros.

Dende o Concello de Melide deixan claro nas súas bases que os menores de idade non poderán participar na categoría individual e parellas de non ir compañados dun adulto.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp