Novas

Máis novas

O Nadal Cultural pechouse en Melide con preto de 20 actividades

08/01/2019. Melide remata a súa programación de Nadal co sorteo “Este Nadal Toca en Melide” que se celebrará o venres. O Concello de Melide dende a súa Concellería de Cultura e Deporte puxo en marcha preto dunha vintena de actividades

MELIDE 8 de xaneiro de 2019.- Coa chegada dos Reis Magos, Melide pechou a súa programación de Nadal, a falta do sorteo da campaña do comercio local “Este Nadal Toca en Melide” que se celebrará este próximo venres.

Con todo, Melide acolleu durante estas fechas preto dunha vintena de actividades que se centraron en ofrecer alternativas de ocio durante o Nadal ás familias da vila e dos arredores, evitando as súas saídas cara as grandes cidades.

Proxeccións de filmes, exposicións, contacontos para os máis cativos, musicais, concertos ou Ocio Nadal Melide foron algunhas das iniciativas que encheron o tempos nas últimas semanas dos melidenses.

O Nadal Cultural é unha programación de ocio que se organiza en Melide por estas datas festivas, organizada pola Concellería de Cultura e Deportes do Concello coa que se prentede ofrecer alternativas de ocio á veciñanza.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp