Novas

Máis novas

A rexedora melidense estuda as posibilidades de rehabilitación das instalacións da Feira de Gando coa conselleria de Medio Rural

05/07/2017. Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Rural, comprometeuse coa rexedora para estudar un investimento para a Feira do Gando de Melide. No mercado de gando de Melide prima a venda de becerros

A rexedora melidense, Dalia García, mantivo un encontro coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, nas instalación da Feira do Gando do Concello de Melide. O obxetivo desta xuntanza coa conselleira de Medio Rural era dar a coñecer as condicións deste recinto por parte da alcaldesa á responsable autonómica.

“Dada as necesidades que ten o edificio, en especial a súa cuberta, Ángeles Vázquez, comprometeuse en estudar unha axuda para poder mellorar este espazo”, explicaba Dalia García.

En concreto, o Concello busca na actualidade un investimento para executar un proxecto que lle permita renovar o espazo e facer un mellor manexo dos animais, así como facilitar o traballo aos seus usuarios. Segundo transmitiu a rexedora, o que máis urxe é a substitución do teito para evitar as continuas reparacións ás que se ve sometido.

Neste sentido, Ángeles Vázquez formalizou un compromiso de estudo para que o edificio poida “adaptarase ás novas necesidades” porque o obxectivo desta iniciativa é relanzar esta feira cara un sector diferencial.

A Feira do Gando de Melide celébrase unha vez ao mes en dúas naves cunha capacidade importante e nas que prima a venda de becerros. Agora, o reto é apoiar a chegada doutros animais a través do proxecto de reestruturación.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp