Novas

Máis novas

Preséntase o novo centro de formación de Melide tras unha remodelación

15/11/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García e o delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, estiveron acompañados de alcaldes de municipios lindeiros, empresarios, comerciantes e técnicos de emprego da contorna

MELIDE 15 de novembro de 2018.-O delegado territorial da Xunta participou nunha xornada de portas abertas para dar a coñecer as novas instalacións tras a reformado centro de formación de Melide (U.A.F) no que se impartirán os certificados de profesionalidade de atención sociosanitaria, cociña, operación básicas de catering, operacións básicas de cociña e operacións básicas de restaurante-bar.

Ovidio Rodeiro estivo acompañado, durante a visita polo centro, polos representantes de empresarios e comerciantes da contorna e polos alcaldes, concelleiros e técnicos de emprego da comarca. O representante do goberno autonómico apuntou que con este investimento de 100.000 euros se levaron a cabo obras de mellora nas instalacións eléctricas e de auga quente e na instalación de dúas naves de climatización-calefacción eléctrica de baixo consumo. Tamén se actuou para mellorar o sistema de canlóns de augas pluviais da cuberta de hostalería.

 Ademais, renovouse a maquinaria, mobiliario e accesorios dos talleres de hostalería e de atención sanitaria, comprouse material de cociña e instaláronse 12 ordenadores para aula e despacho.

O obxectivo desta actuación foi levar a cabo melloras nun centro de referencia formativa para toda a comarca e mellorar as condicións nas que recibirán os cursos os futuros alumnos.

O delegado territorial destacou que “estamos aquí para ensinarlles ás empresas e aos representantes dos concellos limítrofes as novas posibilidades que se ofrecen e para animar a todos aqueles que teñan interese de presentarseá convocatoria cando se inicien os cursos que se van a impartir no U.A.F.

Ovidio Rodeiro apuntou que “nos cinco cursos cos que va a contar este centro a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá máis de 98.000 euros e terán capacidade para formar a 75 alumnos”.

O delegado territorial aproveitou o encontro para poñer en valor o importante esforzo que dende a Xunta de Galicia se está facendo para ofrecer máis oportunidades ás persoas desempregadas para atopar un emprego en Santiago. En total,aportará para os seus  principais programas 6,1 millóns para formar a máis de 1.565 persoas.

Na comarca de Santiago impartiranse en total 65 cursos a través do Plan galego de formación 2018/2019, nos que poderán participar máis de 975 persoas cun investimento de 2,7 millóns.

Ademais, os municipios da área de Santiago contarán en 2018 cun total de 11 obradoiros de emprego. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en políticas activas de emprego 2,6 millóns de euros para formar a 190 persoas desempregadasEn Programas Integrados de Emprego a Xunta investirá en Santiago e na súa contorna outros 895.000 en 4 programas para mellorar a formación de 400 personas.

Ovidio Rodeiro rematou a súa intervención destacando “a importancia da formación como unha peza clave para integrarse no mercado laboral”. Neste senso, apuntou “que nos últimos anos dende a Xunta de Galicia estamos facendo un importante esforzo por adaptar os cursos para desempregados ás necesidades reais das empresas da súa contorna para que resulte máis fácil poder atopar un traballo cando rematan o período formativo”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp