Novas

Máis novas

A XGL adxudicará a pavimentación e melloras na seguridade en doce rúas da vila

01/08/2018. O goberno local aprobará na Xunta de Goberno Local a mellora da pavimentación e a seguridade viaria en 12 rúas da vila melidense que contan cun pavimento deteriorado polo paso dos anos e reforzará a sinalización e as beirrarúas

~~MELIDE 1 de agosto de 2018.- O Concello de Melide iniciará nos vindeiros días melloras na pavimentación, na seguridade viaria así como tamén na rede de pluviais dun total de 12 rúas do casco urbano de Melide que contribuirán á mellora urbanística de varias áreas de Melide.
Así, nas rúas Armando Catarelo e Moldes, realizarase unha pavimentación con aglomerado asfáltico en quente e a súa renovación da sinalización horizontal.
No que comprende ás rúas Alcalde Juan Mera Somoza, Euskadi e Madrid, a maiores da pavimentación en aglomerado en quente e a sinalización, tamén se realizarán labores de limpeza dos bordes, aumentando así a seguridade viaria da zona.
Tamén a renovación da sinalización será unha actuación que se leve a cabo nas rúas Jesús López, Consuelo Varela López y Hnas Morate Fdez, Alcalde Ricardo Fdez Camoiras, Alcalde Antonio Souto e Alcalde Sabino, conxuntamente coa pavimentación en cada una con MBC e e execución de beirarrúas.
Na rúa Norte, realizarase unha rede separativa de pluviais e posteriormente tamén se pavimentará con MBC. A mellora de pluviais tamén executará na rúa Antonio Prado Díaz, onde tamén levará a cabo a pavimentación con MBC e a sinalización horizontal. Trátase dunha actuación moi demandada polo goberno local que subsanará as deficiencias na rede de saneamento.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que “todas as actuacións que se van a levar a cabo realizaranse en zonas do casco urbano de Melide que por diferentes cuestión presentan unha pavimentación moi deteriorada así como tamén precisan dun reforzo da sinalización horizontal e mellora da accesibilidade. Serán melloras que repercurtirán directamente nos veciños e veciñas da vila incrementando así a súa seguridade viaria coas novas sinais e pintado en áreas nas que fai máis dunha década que non se actúa”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp