Novas

Máis novas

O Concello de Melide celebra o Día Internacional da Muller con actividades enfocadas aos mozos

08/03/2017. O salón de plenos albergou o acto de entrega de premios do concurso de graffitti co galo da celebración do Día Internacional da Muller. Obradoiros e exposicións completan a programación especial para conmemorar esta xornada do 8 de Marzo.

Melide conmemora o Día Internacional da Muller con un gran número de actividades, insistindo en que a igualdade entre xéneros debe ser una cuestión que se trate os 365 días do ano. A programación especial co gallo da xornada do 8 de Marzo, desenvolvida dende o Concello de Melide púxose en marcha en colaboración cos diferentes centros educativos da vila. 

O primeiro dos actos comprendeu a entrega de premios do concurso de graffiti que os estudantes do IES de Melide. A través desta iniciativa, os mozos realizaron un mural co fin de visualizar unha problemática da violencia de xénero que se ven arrastrando dende hai anos. Unha lacra social que se tenta erradicar con este tipo de actividades de concienciación, sendo este un medio para reflectir o reixeitamento colectivo. 

O acto que estivo presidido pola alcaldesa melidense, Dalia García Couso; pola concelleira de Igualdade e Benestar, Mª Jesús López Mourón, e pola directora do Centro de Información á Muller (CIM), Silvia Míguez. Os estudantes galardoados estiveron tamen acompañados polos seus familiares, membros da dirección do IES melidense e persoal dos diferentes departamentos. 

Os gañadores do concurso foron Toni Blanco Ameixeiras e Álex Martínez Valiño. No segundo posto quedaron Marta Mosquera Taboada, Zaida Garea García e Ainara Asorey Prado, mentras que o terceiro premio foi para Lucía Carreira García. 

Na entrega de galardóns, a rexedora melidá, Dalia García, puxo de manifesto a necesidade de seguir a traballar no sector da infancia e da adolescencia, co obxectivo de concienciar sobre a importancia do fomento de accións contra a violencia de xénero e a favor da tolerancia, o respecto e, sobre todo, dos dereitos fundamentais das persoas. Pasos que se encamiñan a obter unha sociedade máis xusta e libre. Dende a comunidade educativa tamén amosaron o seu apoio a este tipo de actividades nas que todos eles/as se sentiron tan involucrados. 

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, o Concello de Melide ten previsto clausurar a exposición gráfica baixo o título Cartas de Amor. Esta mostra, aberta dende o pasado mes de febrero na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Melide, conta con ilustracións de diversos artistas en torno á temática do amor. 

As actividades co gallo do 8-M completáronse cun obradoiro interactivo para escolares de Bachiller que tivo lugar onte no IES de Melide. Nesta sesión, de dúas horas lectivas, tratouse a temática da exposición Cartas de Amor, entendendo, en verbas da edil Mª Jesús López Mourón, que “se debe de seguir a traballar, máis ca nunca se cabe, concienciación da importancia da igualdade entre xéneros, especialmente entre os máis novos. É responsabilidade e obriga dos políticos que se siga a traballar e se loite por unha sociedade máis xusta”, conclúe a concelleira. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp