Novas

Máis novas

Furelos retorna ao 1900 a fin de semana do 20, 21 e 22 de xullo

13/07/2018. Furelos volve ao ano 1900. Será a cuarta edición da feira de época que se celebra nesta parroquia. Serán tres xornadas nas que Furelos retrocederá no tempo para amosar aos visitantes do siglo XXI como se vivía no siglo pasado

MELIDE 13 de xullo de 2018.- A parroquia de Furelos será durante os días 20, 21 e 22 de xullo de novo o escenario para acoller a cuarta edición da feira de época do 1900. En pleno Camiño de Santiago, revivirá eses anos para retroceder a unha época diferente á actual, anterior a todos os adiantos e modernidades acontecidos no século XXI.

Nesta feira terán especial protagonismo os veciños e veciñas que engalonarán as súas casas para convertelas en casas típicas dos anos 1900 así como tamén eles mesmos, estarán durante esa fin de semana pola aldea vestidos de época recreando oficios dos que xa non se conservan en furelos: o latoeiro, a mestra, a costureira etc.

A maiores de que os veciñas da aldea participen como figurantes desta feira de época, tamén haberá postos de artesanía e alimentación, música, obradoiros, xogos para nenos, servizo de pulpeira e taberna.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, convida a todos os veciños e veciñas de Melide e arredores a achegarse ata a aldea de Furelos que esta próxima fin de semana retorcerá máis de cen anos.

PROGRAMACIÓN 1900

Durante a próxima fin de semana, 20, 21 e 22 de xullo, Furelos acollerá unha ampla programación dentro da súa Festa 1900. O venres 20, terá lugar unha festa dos anos 80 coa actuación de Smoke e dj Xoán-Universe. O sábado 21 de xullo, actuará a agrupación xuvenil Catro Caños. Tamén durante esa xornad aterá lugar un taller de amasado de ricos e de xogos tradicionais. O domingo 22 de xullo, terá lugar a actuación de Faíscas da Pontraga e tamén está programado un taller de cerámica e xogos tradicionais.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp