Novas

Máis novas

O VI Festival Motorock Milli-Riders chega a Melide a vindeira fin de semana

23/06/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada dalgúns dos integrantes da asociación local Milli Riders, presentaron na mañá de hoxe o cartel do VI Festival Motorock Milli-Riders que se celebrará a próxima fin de semana na vila

MELIDE 23 de xuño de 2018.- Os membros da asociación moteira Milli-Riders achegáronse esta mañá ata o Concello de Melide para presentar o cartel do VI Festival Motorock Milli-Riders que terá lugar na vila a vindeira fin de semana.

Unha das novidades desta edición será o cambio de lugar das actividades. Xa que, o Cantón de San Roque quedouse pequeno para o evento moteiro.  A maior parte da programación levarase a cabo nas inmediacións do parque Rosalía de Castro.

Durante a presentación, Dalia García, alcaldesa de Melide, agradeceu á asociación moteira local que “un ano máis poidamos presentar un cartel tan completo como o que temos aquí, da boa fe de que o traballo ben feito sempre dá os seus froitos. Traballáchedes moito ao longo do ano e de seguro que ides ter a vosa recompensa”.

Dende a asociación moteira, indicaban que “cada ano intentamos que o Festival Motorock sexa capaz de acoller actividades que poidan gustar a todas as idades, xa que queremos que non só os afeccionados ás motos se acheguen a Melide a vindeira fin de semana senón tamén, ser capaces de agradar a todos os vecinos e veciñas de Melide”.

MAGO DE OZ, CABEZA DE CARTEL

O VI Festival Motorock Milli-Riders comezará en Melide o vindeiro venres 29 de xuño, onde terá lugar unha churrascada e dous concertos: Dagla e Cuarta Xusta.

O sábado será o día grande do festival coas exhibicións de Narcis Roca e o pequeno motorista Yael. Pola noite, sucederanse os concertos de Calle del Ruído, Mago de Oz coa animación de Josy da Graver.

Como fin do festival o domingo 1 de xullo, os participantes compartirán un cantar de confraternidade e unha ruta moteira polos concellos veciños.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp