Novas

Máis novas

A alcaldesa recolle o premio do Concello de Melide polo seu labor na posta en valor do Camiño de Santiago

25/10/2017. A rexedora de Melide, Dalia García, asistía onte á entrega dos Premios Camiño de Santiago 2017. O galardón foi outorgado ao Concello de Melide pola súa posta en valor do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila.

Dalia García, a alcaldesa de Melide, recollía onte en Santiago de Compostela o premio outorgado ao Concello de Melide pola súa posta en valor do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila. Este recoñecemento enmárcanse dentro dos Premios Camiño de Santiago 2017. 

A alcaldesa de Melide, Dalia García, agradeceu na súa intervención a “ Turismo de Galicia, ao Xacobeo e a Cultura pola súa implicación” engadía que “ para nós as rutas xacobeas son fundamentais e supoñen un gran potencial cultural, turístico, histórico e económico que nos fai ser quen somos”. 

O Concello de Melide foi galardoado co primeiro premio na categoría Concellos, dentro dos Premios Camiño de Santiago 2017, cos que a Xunta de Galicia recoñece a contribución da sociedade galega na preservación dos valores xacobeos. En concreto, Melide obtivo ese recoñecemento polo seu labor de embelecemento, limpeza e posta en valor da ruta ao seu paso polo municipio e a sinalización de recursos naturais e patrimoniais. 

O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foron os encargados de entregar as distincións aos premiados nesta edición. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp