Novas

Máis novas

Aberto o prazo para participar nos Campamentos Deportivos da Deputación

06/06/2018. O Concello ten abero o prazo para participar nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña. A data límite para inscribirse no departamento de Cultura e Deportes é ata 14 de xuño. Máis información das dependencias municipais

MELIDE 6 de xuño de 2018.-  O Concello de Melide ten o prazo aberto para poder inscribirse nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña. A actividade terá lugar nas instalacións do centro calvo sotelo da Coruña e están destinados a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 9 e 14 anos. Os participantes terán que estar empadroados nos concellos da provincia da Coruña.

Dentro das actividades que se levarán a cabo actividades naúticas, equitación, tenis, senderismo, así como a práctica do fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, aeróbic, baile, ect…Tamén se realizarán veladas nocturnas que comprenderán actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respeto polos demais. Tamén dentro das alternativas que se ofrecen nos campamento deportivos, realizaranse visitas a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.

A quenda que lle corresponde aos rapaces de Melide e Comarca é do 8 ao 13 de xullo e o prazo para poder inscribirse xa está aberto. Para inscricións e para máis información poden poñerse en contacto co departamento de Cultura do Concello de Melide, o prazo remata o 14 de xuño. No caso de existir máis inscricións que prazas, realizarase un sorteo público ante a secretaria do Concello de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp