Novas

Máis novas

Aberta a exposición dos traballos do alumnado da actividade de pintura

23/05/2018. Como cada ano e co curso chegando ao seu fin, o alumnado da actividade de pintura expón os seus traballos na sala de exposicións da Casa da Cultura de Melide. A exposición estará aberta dende hoxe e ata o 2 de xuño

MELIDE 23 de maio de 2018.- O Concello de Melide, dende a súa concellería de Cultura que dirixe Dolores Gómez, abre hoxe a exposición dos traballos do alumnado da actividade de pintura que se ven impartindo dentro das Escolas Deportivas e Culturais dende o mes de outubro.

Co curso chegando ao seu fin, a exposición do alumnado da actividade de pintura ten sempre data reservada na sala de exposicións da Casa da Cultura, para poder amosar á veciñanza os traballos realizados ao longo do ano.

A actividade de pintura, está impartida no concello de Melide polo artista lucense, Maximiliano López e conta na actualidade con medio centenar de alumnos. As clases impártense nas tardes dos venres dende as 16.30h da tarde e ata as 22.30h, ofrecendo así esta disciplina a persoas de todas as idades divididas en tres grupos formativos.

A exposición poderá visitarse en horario de mañá e tarde, dende ás 10h e ata ás 14h e de16h a 20h, de luns a venres ata o 2 de xuño.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp