Novas

Máis novas

O equipo de fútbol sala feminino de Melide faise coa Copa Galega Cadete

23/04/2018. O equipo feminino do Melide Fútbol Sala conseguía onte domingo o seu triunfo na competición da Copa Galega de Cadete que se desputaba en Marín. O equipo feminino ten dous anos de vida e este é o seu primeiro título oficial conseguido

MELIDE 23 de abril de 2018.- O equipo de fútbol sala feminino de Melide gañaba a Copa Cadete, nun partido que se desputaba no día de onte en Marín fronte ao Cidade das Burgas.

Foi un partido moi axustado no que as rapazas de Melide lograron facerse co triunfo cun resultado de 3-2. Este triunfo é o primeiro título oficial para este equipo de fútbol sala feminino que leva en competición tan só dous anos, xa que era o ano pasado cando se formado por rapazas locais.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, amosaba unha vez máis o orgullo polo deporte melidense que demostra que “con traballo todo pode conseguirse. Non teño máis que palabras de agradecemento para estas rapazas que levan o nome de Melide por toda a nosa xeografía e que amosan que todo traballo dá os seus froitos”.

A Copa Cadete Feminina de Fútbol  Sala seráselle entregada ás rapazas do equipo de Melide nunha gala homenaxe que terá lugar ao final de tempada, previsiblemente no mes de xuño.

 

t;line-height:115%'>A maiores das probas de cans de caza internacionais, a organización das probas tamén programou outras actividades complementarias para os familiares, amigos e acompañantes dos participantes así como para os veciños da vila que quixeron formar parte desta gran fin de semana con actividade cinexética en Melide.

 

Por unha banda prepraráronse varias rutas para coñecer a riqueza arquitectónica de Melide e da súa Comarca e rutas de sendeirismo para que os visitantes á vila gozaran da nosa paisaxe local.

Outra das alternativas foi o concurso Cazatapas, que por vez primeira este ano ofreceron 17 establecementos locais con pequenos petiscos elaborados con produtos da caza.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp