Novas

Máis novas

Estrea do documental “Melide en boas mans” o domingo na Casa da Cultura

12/04/2018. A Casa da Cultura acollerá durante a xornada do domingo ás 18h a proxección en primicia do documental “ Melide en boas mans” no que os protagonistas serán os empresarios da vila, os seus comezos, os seus problemas e as súas inquietudes

~~MELIDE 12 de abril de 2018.- O próximo domingo, 15 de abril, terá lugar na Casa da Cultura de Melide a presentación do documental titulado “Melide en boas mans”, sobre a industria e a actividade económica no Concello de Meide.
Neste presentación intervirán a alcaldesa de Melide, Dalia García, a conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, o presidente de Asociación de Empresarios da Terra de Melide, Asetem, Manuel Vázquez e José Luis Antuña, director xeral de CLUN.
No acto poderase visualizar esta peza audiovisual producida por Xurdir en colaboración co Concello de Melide e con moitas empresas locais, que serán as verdadeiras protagonistas desta historia. Un documental que trata de dar a coñecer a actividade económica de Melide e de poñer en valor o seu tecido empresarial. A entrada é libre ata completar aforo. Prégase confirmar asistencia no 673 848 593 / 629 350 143 ou por email: info@xurdir.com.
 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp