Novas

Máis novas

As mozas das Escolas Deportivas de “Scene Ballet” participaron no Vigo Porté

10/04/2018. As mozas de “Scene Ballet” de Melide participaron no Vigo Porté, evento de danza celebrado na cidade olívica. Era a primeira vez que realizaban esta proba e aínda que non obtiveron premio a experiencia con outros mozos foi positiva

MELIDE 10 de abril de 2018.- As rapazas da modalidade de ballet das Escolas Deportivas do Concello de Melide asistiron esta pasada fin de semana ao Vigo Porté, un campionato de danza internacional que se celebraba durante o sábado e o domingo na cidade olívica.

O equipo de Melide presentou un grupal na categoría de maiores, un trío, un dúo e un individual e a pesares do seu bo facer non obtiveron premio. Adriana Míguez, profesora da modalidade de ballet no Concello de Melide explicaba que fora un concurso no que había moito nivel e que era a primeira vez que as rapazas de Melide acudían a esta proba. É por iso que a experiencia serviulles para poder aprender doutros grupos participantes e coñecer a outros rapaces e rapazas cos que comparten a aficción pola danza.

A vindeira cita das rapazas de scene ballet de Melide será en Tarragona durante a primeira fin de semana do mes de maio. Alí participarán na final do concurso nacional de danza preprofesional e amateur, organizado pola Asociación Nacional para o Apoio e a Promoción da Danza en España, Anaprode.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp