Novas

Máis novas

O Concello de Melide aproba as obras de saneamento en Santa María -O Rañado

22/03/2018. A Xunta de Goberno Local deste xoves aprobou a realización das obras de saneamento na zona de O Rañado, en Santa María, unha petición que xa foi feita pola alcaldesa, no ano 2016 e que neste presente ano será unha realidade

MELIDE 22 de marzo de 2018.- O Concello de Melide vén de aprobar na Xunta de Goberno Local deste xoves o proxecto que Augas de Galicia presentou ao ente local a petición do propio Concello e de todos os veciños e veciñas da zona para subsanar os problemas de saneamento en Santa María-O Rañado.

Trátase dunha petición que a alcaldesa de Melide, Dalía García, trasladara xa de primeira man á titular do departamento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, Beatriz Mato nunha xuntanza de traballo no seu despacho en San Caetano no pasado ano 2016.

A alcaldesa de Melide, mantivo no pasado mes de outubro unha xuntanza con todos os veciños e veciñas das zonas afectadas no propio salón de Plenos da Concello de Melide para informar de primeira man sobre as obras de saneamento que se van executar. Os presentes presentaron as súas dúbidas e amosaron a súa colaboración para o bo devir das actuacións.

Dalia García, rexedora melidense, explica que se trata “dun proxecto moi demando polos veciños e veciñas da zona de Melide situada no trazado na N-547 e que supón unha mellora importante no medio ambiente e no servizo que se lle presta á veciñanza por parte do Concello”. “Teño que agradecer os esforzos tanto da Xunta de Galicia como de Augas de Galicia así como tamén dos veciños e veciñas da zona, xa que o proceso non se fai con expropiacións senon con cesións de paso para os veciños”, concluía a alcaldesa.

A titular do goberno melidense,apuntaba que a semana que vén comezarán os trámites para a licitación da obra, proceso imprescindible para poder executala no presente ano 2018. As obras teñen un curste de 175.000 euros.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp