Novas

Máis novas

A conselleira de Medio Rural anima aos nenos a gozar do monte de xeito responsable

21/03/2018. Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, compartiu onte mañá co alumnado do colexio Mestre Pastor Barral de Melide, onde animou aos rapaces e profesores a coñecer e a gozar do monte de xeito responsable

MELIDE 21 de marzo de 2018.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou durante a xornada de onte en Melide nunha xornada divulgativa sobre a prevención e defensa contra os incendios forestais para os alumnos de educación primaria do CEIP Mestre Pastor Barral. Alí aproveitou para animar aos nenos a que coñezan o monte pero, sobre todo, gocen del dun xeito responsable.

Estas charlas informativas están coordinadas por persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os incendios forestais e lévanse a cabo nos dezanove distritos forestais nos que se estrutura a nosa comunidade. A temática das xornadas versa sobre aspectos relacionados coa conservación da natureza, as características dos nosos montes e a prevención, defensa e extinción de incendios. As actividades planificadas para 2018 súmanse ás máis de 800 actuacións de divulgación realizadas no período 2015-2017, que chegaron a 41.249 escolares.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp