Novas

Máis novas

O alumnado de taekwondo participaron na IV Gala de Artes Marciais

19/03/2018. Rapaces que practican taekwondo dentro das escolas deportivas do Concello de Melide acudiron o pasado sábado ao concello veciño de Toques para participar na IV Gala de Artes Marciais onde recibiron un recoñecemento polo seu traballo

MELIDE 19 de marzo de 2018.- O alumnado das escolas deportivas de taekwondo do Concello de Melide participou a pasada fin de semana na IV Gala de Artes Marciais que organizou o Concello de Toques.

Ata as instalacións do polideportivo de Souto desprazáronse unha decena de alumnados da disciplina de taekwondo das escolas deportivas do concello. Unha vez alí, ensinaron o seu bo facera o público asistente e amosaron unha vez máis a disciplina que aporta un deporte coma este, destacando a súa participación pola súa actitude e comportamento.

O taekwondo dentro das escolas deportivas de Melide vén de recuperarse este ano debido á demanda dos veciños, xa que en anos anteriores houbo un parón nesta disciplina. A esta actividade acuden rapaces e rapazas da vila con idades comprendidas entre os 4 e os 13 anos dúas veces por semana.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp