Novas

Máis novas

O Concello acondicionará a pista do Carballal e outras do núcleo de Santa María

17/03/2018. O Concello de Melide acondicionará a pista do Carballal en pleno Camiño den Santiago así como outras de necesario acondicionamento no núcleo de Santa María. O goberno local adxudicou en Xunta de Goberno Local estas obras, logo de obter os diferentes permisos sectoriais e trámites varios

MELIDE 17 de marzo.-O goberno local vén de darlle luz verde ao proxecto de mellora da pista de O Carballal e outras no núcleo de Santa María de Melide, unha parroquia significativa do Camiño Francés ao seu paso pola vila e na que existe un núcleo urbano habitado moi importante.
Así as cousas, o goberno local ven de programar unha actuación que logo de obter as indicacións por parte da DX de Patrimonio Cultural pola súa proximidade ao Camiño de Santiago así como pola maxestuosa praza de Santa María e igrexa románica, será executada nos próximos meses en canto o tempo metereolóxico o permita.
Son obras moi necesarias dadas as condicións que posúe o firme neste momento, moi deteriorado polo paso dos anos a altura do núcleo de O Carballal así como a pista que circunvala á Igrexa coa N-547 que tamén posúe un firme en mal estado.
Ditas actuacións supoñerán un investimento de máis de 60.000 mil euros que serán sufragados polas arcas municipais.
 A alcaldesa de Melide, Dalia García, sinala a importancia de actuar en puntos estratéxicos do Camiño de Santiago como é o caso de Santa María para conservar o noso patrimonio histórico e ao mesmo tempo convivir co día a día dos veciños e veciñas que teñen que ter uns accesos ás vivendas, explotacións ou negocios nas mellores condicións posibles. Coa chegada da Semana Santa e as intensas choivas dende o goberno local subliñan que levarán a cabo labores de mantemento e apoio no Camiño de Santiago co fin de subsanar o movemento de firme que se produce no trazado do Camiño por mor da auga.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp