Novas

Máis novas

Aprobada a licitación do proxecto de mellora da pavimentación e a seguridade viaria na Rúa Concepción Arenal e outras vías de Melide

02/12/2022. Dará continuidade aos traballos que se van a realizar na rúa Rosalía de Castro e outras, dentro da estratexia de remodelación urbana do centro de Melide. Intervirase en beirarrúas e asfaltado.

MELIDE 2 de decembro de 2022.-  A Xunta de Goberno local de Melide aprobou na súa reunión do xoves 1 de decembro a licitación do proxecto de mellora da pavimentación e seguridade nas rúas Concepción Arenal, Curros Enríquez, Fernández Florez, Alfonso Castelao e Avenida de América, que forma parte do POS+2022 da Deputación da Coruña. O orzamento de licitación é de 183.248,79 €, IVE incluído, e o prazo de execución previsto é de catro meses.

Este proxecto supón darlle continuidade á máis ampla iniciativa de remodelacion integral do espazo urbano que arrincou coa aprobación, o ano pasado, dunha primeira fase centrada entre a Avenida da Habana e a Rúa Rosalía de Castro.

Os traballos incluirán a construción de beirarrúas con pavimento de baldosa rectangular de formigón, e a pavimentación cunha mestura bituminosa en quente de 9 centímetros de espesor.

As rúas nas que se intervirá sitúanse na zona nordeste do núcleo urbano melidao. Trátase de rúas caracterizadas na actualidade por ser de dobre sentido, con beirarrúas e zonas de estacionamento en ambas as dúas marxes sen delimitar. A falta de ordenamento do tráfico causa problemas de estacionamento, e moitas das beirarrúas actuais non superan a anchura preceptiva para que poidan ser utilizadas con normalidade por persoas con mobilidade reducida ou carriños de bebés. Xa que logo, esta intervención pretende mellorar a funcionalidade e accesibilidade destas rúas.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp